• Teatro Principal

    O Teatro Principal, obra do arquitecto Manuel Prado y Vallo, foi construído en 1841 no centro histórico santiagués. Hoxe en día é centro neurálxico da programación cultural de Santiago de Compostela.

  • Zona "C"

    A Zona C. Punto de Información Cultural atópase no edificio da antiga Casa do Concello na Praza de Cervantes (Preguntoiro, 1). Trátase dun espazo multidisciplinar que acolle o principal punto de venda de entradas de Compostela Cultura (Auditorio de Galicia e Teatro Principal), ademais de intervencións artísticas e actividades diversas.

  • Auditorio de Galicia

    O Auditorio de Galicia inaugurouse o 20 de outubro de 1989 coa vontade de consolidar a oferta cultural da capital de Galicia e convertelo no centro, por excelencia, para a recepción das manifestacións culturais que a cidade xera.