Teatro Principal

O Teatro Principal, obra do arquitecto Manuel Prado y Vallo, foi construído en 1841 no centro histórico santiagués. Hoxe en día é centro neurálxico da programación cultural de Santiago de Compostela e acolle festivais como Cineuropa ou Curtocircuíto, alén da programación estable de teatro e danza ou a musical, sen esquecer conferencias, entregas de premios ou presentacións dos traballos máis variados de artistas e creadoras/es do panorama cultural galego.

O Teatro Principal está na Rúa Nova, nº 21. O teléfono de oficinas é o 981 54 24 61 e o do despacho de billetes o 981 54 23 49.

O 26 de abril do 2016 o Teatro Principal fixo 175 anos. Nesta publicación que se preparou con motivo do aniversario, recóllense curiosidades da historia do edificio.