Exposicións

Inaugurado o 20 de outubro de 1989 o Auditorio de Galicia está equipado cunha sala de exposicións que leva o nome de Issac Díaz Pardo. A liña expositiva que desenvolve recupera a historia da arte contemporánea galega a través de amplas retrospectivas de artistas recoñecidos e do Premio Auditorio de Galicia para novos artistas que celebra en 2017 décima edición e que apoia esplicitamente a arte maís emerxente. Unha liña de programación que tamén se ocupa da difusión da arte contemporánea española e internacional. A producción propia únese a colaboracións con insitucións públicas e privadas propiciando unha programación de referencia no tecido cultural de Galicia.

Laxerio, Lucio Muñoz, José Guerrero, Isaac Díaz Pardo, Antonio Palacios, Canogar, Joán Miró, Goya, Picasso, Carlos Maside, Eugenio Granell, Colmerio, Souto, Bill Jacklin, Xesús Campos, José Luis Fajardo, Joan Hernández Pijoan, Carlos León, Antoní Tàpies, Rafael Úbeda, Gerardo Rueda, Camilo Otero, Antonio Saura, Urbano Lugrís, Manolo Millares, Esteban Vicente, Reimundo Patiño, Chillida, Le Corbusier, Honore Daumier, Elliot Erwit, Fernando José Pereira, Luis Seoane, Tomé, Quintana Martelo, Antón Mouzo, Mª Xosé Díaz, Manuel Outomuro, Korda, Ana Teresa Ortega, Chema Madoz, Xulio Maside, Leopoldo Nóvoa,... xunto aos grandes temas como a vangarda portuguesa, vangarda rusa, a pintura magrebí, arte precolombino, arte hindú, arte africano, arte árabe, Escola de Londres, grandes coleccións públicas e privadas e un longo etcétera.

Últimas exposicións: 'Leopoldo Novoa. Papeis e cartóns'; 'Salto de páxina. O libro de artista no século XIX (colección ArtsLibris-Banco Sabadell)'; Noveno Premio Auditorio de Galicia para novos artistas 2015;  'Semente. 15 anos apoiando a arte emerxente'; MIIC, Mostra Internacional de Ilustración contemporánea; Alén dos xéneros. Practicas artísticas feministas en Galicia'; 'Décimo Premio Auditorio de Galicia para novos artistas 2017'.

© imaxe: exposición '10 premio Auditorio de Galicia para novos artistas 2017'