YOLO (YOU ONLY LIVE ONCE)

DATOS BÁSICOS

VIVA A ESCENA

YOLO (YOU ONLY LIVE ONCE)

CÍA. LUCAS ESCOBEDO

 

Auditorio de Galicia

27 de novembro

18.30 h

 

EnFamilia

CircoaEscena

 

Prezo: 3 €

 

Idade recomendada: a partir de 6 anos

Duración: 70 min

Idioma: castelán

 

YOLO.  You  Only Live Once; só se vive unha vez.
YOLO é un canto á vida a través do circo.  YOLO é un berro de loita que nace en grao sumo profundo para asolagar o escenario e encher o patio de butacas de ilusión.  YOLO é ese empurrón que necesitamos para comezar a construír os nosos soños.

 

Mediante diferentes disciplinas de circo como son as acrobacias, os malabares, as técnicas aéreas ou o humor, presentamos diferentes situacións, aparentemente imposibles, nun espectáculo con música en directo para todos os públicos.

Queremos que  YOLO supoña unha revolución no espectador.  YOLO é, e pretender ser, o soño de alguén feito realidade.

 

Premio FETEN 2019 ao mellor espectáculo de Gran Formato
Premio de circo Premis de les Arts Escéniques Valencianes 2019

 

Dirección e idea orixinal: Lucas Escobedo
Axudante de dirección: Joan Cusó
Dirección e composición musical: Raquel Molano
Letras cancións: Raquel Molano, José Agustín Goytisolo, Gabriel Celaya e cantos de tradición
Intérpretes: Jana López, David Sessarego, Marta Sánchez, Iván G. Torre, Pablo Meneu, Raquel Molano e Lucas Escobedo
Deseño iluminación: Juanjo Llorens
Técnica de iluminación: Libe Aramburuzabala
Deseño de son: Eduardo Soriano
Técnico de son: Óscar Guzmán
Escenografía: Luis Crespo
Maquinista: Álvaro Villahoz
Rigger: Pablo Menu
Deseño de vestiario: Amaya San Martín
Produción de creación: Producirk
Produción en xira: Compañía Lucas Escobedo

Duración: 
70 MIN
Entradas: 
  • VENDA DE ENTRADAS EN LIÑA NESTA WEB
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. Aberto de martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Domingos de 11 a 14 h (Luns pechado). Teléfono 981 542 462
  • Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. Aberto o día do espectáculo desde 1h antes do comezo do mesmo. Teléfono 981 571 026

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA PORTADA

Funcións: 
Sábado, 27 Novembro, 2021
18:30
Auditorio de Galicia