As Xornadas de Ilustración Urbana traen nesta edición unha fórmula mixta –en liña e presencial– cargada de novidades e sorpresas.
XORNADAS DE ILUSTRACIÓN URBANA EN LIÑA
Durante a mañá realizarase unha xornada a través de Zoom onde as ilustradoras Paula Bonet, Ana Penyas e Inma Otero charlasen con Maru Godás sobre os seus traballos no mundo da ilustración. Tras cada intervención veremos un vídeo coas entrevistas realizadas ás mesmas durante a edición primavera de Compostela Ilustrada.
Inscríbete en: www.xornadasdeilustracionurbana.com
PREMIO CADERNOS DE VIAXE COMPOSTELA ILUSTRADA
Tamén na mañá realizarase a terceira edición do Premio de Cadernos de Viaxe Compostela Ilustrada, no que poderá participar calquera persoa maior de idade inscribíndose na web do evento.
Inscríbete en: www.xornadasdeilustracionurbana.com
XORNADAS DE ILUSTRACIÓN URBANA PRESENCIAL
Ás 16.30 inauguraranse oficialmente as xornadas con tres sesións na Sala Mozart do Auditorio de Galicia. A primeira delas estará adicada á caligrafía coa artista María Sancho, logo chegará a quenda da ilustradora científica Sarela Lorenzo que ensinaranos a debuxar a natureza, e, finalmente, Mr. Cool porá música a un concerto ilustrado no que se realizará un mural colaborativo entre todos os asistentes.
Todos estes talleres, por primeira vez, estarán abertos ao público familiar.
- A partir de 8 anos
- Cada participante deberá traer cadernos A4, un lapis, goma de borrar e lapis de cores.
- Cada participante menor de idade deberá estar acompañado dun adulto durante a duración da actividade
Entrada de balde previa retirada de convite.