XORNADA A CULTURA EN SANTIAGO DE COMPOSTELA

DATOS BÁSICOS

O Concello de Santiago de Compostela convoca ao sector cultural a participar na xornada “A cultura en Santiago de Compostela. Análise de situación e reflexión colectiva”

Na sesión mostrarase un panel de datos sobre a situación da cultura en Santiago, ao tempo que se establecerá un diálogo cos axentes do sector para elaborar unha diagnose común. O Concello de Santiago convoca aos axentes culturais locais a xornada na que tamén participará a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón. 

Durante a xornada presentaranse un conxunto de datos actualizados sobre a cultura en Santiago de Compostela, a cargo do consultor cultural Marcos Lorenzo, e organizaranse mesas de traballo cos axentes culturais presentes para reflexionar sobre as principais problemáticas e potencialidades do sector, co obxecto de dispoñer dunha diagnose que permita mellorar as políticas culturais locais.

A xornada levará por título “A cultura en Santiago de Compostela. Análise de situación e reflexión colectiva” e desenvolverase co seguinte programa:

  •  De 16 a 17h Presentación da xornada e dun panel de datos actualizados sobre a situación da cultura no municipio, a cargo de Mercedes Rosón, Concelleira de Acción Cultural, e Marcos Lorenzo, director do estudo.
  • De 17 a 19h Mesas de reflexión colectiva entre axentes culturais da cidade.
  • De 19 a 20h Posta en común dos resultados das mesas e peche da xornada.

O aforo para participar na xornada é limitado.

As persoas interesadas deben inscribirse antes do 27 de novembro.

INSCRIPCIÓNS (preme aquí)

Entradas: 

Entrada de balde previa inscripción

Funcións: 
Mércores, 4 Decembro, 2019
16:00 a 20:00
Sala Agustín Magán