KUKAI DANTZA & SHARON FRIDMAN
Idades recomendadas: adultos
INAEM, PLATEA (Programa Estatal de Artes Escénicas), Comisiones Artísticas de la Red
Erritu supón o encontro entre Kukai Dantza e o prestixioso coreógrafo Sharon Fridman. É unha viaxe vital que atravesa mediante ritos de paso individuais e colectivos os distintos estados da vida en relación coa natureza e coa comunidade. Estados que van desde o nacemento ao caos, pasando polo deserto da soidade, até chegar ao encontro, o amor e, finalmente, a morte. Os ritos exercen a modo de pontes para tentar descubrir o sentido das conexións entrea nosa existencia individual -cargada de pasado, presente, promesas de futuro e opcións- e a experiencia colectiva ritualizada, sempre referencial pero tamén en movemento e cambio. Espiritualidade, tenrura e decisión persoal danse a man cunha viaxe que, ao final, resulta colectiva pero influída polas traxectorias dos máis conscientes.
Idea orixinal: Jon Maya Sein
Coreografía: Sharon Fridman
Asistencia de dramaturxia e interpretación: Antonio Ramírez- Stabivo
Intérpretes: Urko Mitxelena, Nerea Vesga, Eneko Gil, Izar Aizpuru, Alain Maya e Ibon Huarte
Canto: David Azurza
Creación musical: Luis Miguel Cobo e David Azurza
Deseño de vestiario: Ikerne Giménez
Deseño de escenografía: Oficina 4Play Arquitectura
Deseño de iluminación: David Bernués
Deseño de espazo sonoro: Ángel Agüero
Equipo de produción: Nagore Martínez, Doltza Oar-Arteta
Kukai Dantza é Premio Nacional de Danza 2017
© imaxe: Ignacio Urrutia