XMC: DOLCE TORMENTO

DATOS BÁSICOS

XORNADAS DE MÚSICA CONTEMPORÁNEA XUÑO 2021

Paco Varoch, piccolo

Adrián García, percusión

PROGRAMA

Manuel Añón (1969)

Seis propuestas para el próximo milenio (2020) para piccolo, soporte de audio e proxección de vı́deo de Marina Uceda Farré

Martina Sabariego (1998)

ZoomingTXYZ (2021) per a un percusionista i electrónica

Carla Rees (1976)

Nightsong (2016) para piccolo solo

Kaija Saariaho (1952)

Dolce Tormento (2004) piccolo solo

Allison Loggins-Hull (1982)

Say Can You (2020) para piccolo e electrónica

Donald Erb (1927-2008)

Drawing Down the Moon (1991)

Sonata para piccolo e percusión con proxección de video de Manuela Illera e Valentina Jiménez

Tres indicacións musicas son válidas desde o primeiro ao último compás deste programa: sempre dolce, espressivo e libre. De Manuel Añón Escribá, compositor e musicólogo valenciano, preséntase unha versión revisada para piccolo, soporte de audio e proxección de vídeo da creadora Marina Uceda Farré, Seis propuestas para el próximo milenio estreada no Festival Contemporáneo de Alicante. Zooming TXYZ de Martina Sabariego, é un diálogo entre o escenario e o auditorio que amosa a relación entre fraxilidade e forza. A través de procesos de zoom in e zoom out, establécese unha viaxe que mostra as diferentes caras desta relación infinita e simbiótica entre ambas. A inspiración de Carla Rees para Nightsong chega do son brillante dun paporrubio que cantaba fronte á súa fiestra cada madrugada, a voz clara do paxaro contrastada co silencio circundante e algúns elementos desta idea (aínda que non os tonos en sí). Dolce Tormento de Kaija Saariaho utiliza o poema 132 do Cancionero de Petrarca onde a partitura pide a recitación entre o murmurio do frautín e o sotto voce da voz. A composicións da norteamericana Allison Loggings-Hull navegan entre formas atrevidas de temas populares, experimentais e música contemporánea nunha mestura visionaria, na que implementa electrónica e efectos dixitais. O título e o primeiro movemento de Drawing Down the Moon do norteamericano Donald Erb.  refírese aos ritos da antiga Grecia en que as mulleres realizaban feitizos. Pointing the Bone, o segundo movemento, fai referencia a unha práctica esotérica entre os aborixes australianos. O terceiro, Lilith, trata sobre a figura feminina que na lenda rabínica é a esposa de Adán e, cando é suplantada por Eva, convértese nun espírito malvado, (as nais, para protexer aos seus fillos do espírito de Lilith, cantaban cancións que foron a xénese do canto de berce). O movemento final Demon Drummer ven dun conto do século XVII escrito por un percusionista encadeado, no que o tambor escoitase maxicamente noutros lugares.

Paco Varoch

Solista Internacional de piccolo e membro asociado da Mahler Chamber Orchestra, recibiu a súa educación musical en Alzira, Valencia, París e La Haya estudiando con Mª Angeles Grau, Jaime Martin, Philippe Pierlot, Andràs Adorjàn e Marianne Henkel-Adorjàn. En 2005 comeza a súa carreira como músico independente e permítelle ser colaborador de Lucerne Festival Orchestra, Chamber Orchestra of Europe,Orchestre De Paris, musicAeterna, entre outros. Como concertista de piccolo ten estreado o Concierto para flautín de Salvador Brotons coa Banda Municipal de Barcelona baixo a dirección do propio compositor e ten actuado acompañado polas Sinfónica de Galicia e Alicante, Orquesta Vigo413 , Orquesta Sinfónica de Antioquía e Mahler Chamber Orchestra. Foi profesor invitado no Conservatorio Superior de Música do Liceo de Barcelona e impartiu cursos de piccolo no Muzik-Centrum de Dortmund ademais de ser profesor da Filarmónica Joven de Colombia e da Joven Orquesta Nacional de Cataluña. Conta con obras dedicadas dos compositores Miguel del Águila, Manuel Añón, Jesús Santandreu, Stefan Simona-Oprita, Victor Vallés e José Luis Escrivà. En 2018 estreou a produción discográfica Remembrances que inclúe transcricións propias para frautín e piano de obras de compositores cataláns e valencianos.

Adrián García

Profesor do Conservatorio Profesional de Musica Guitarrista José Tomás de Alicante e membro da ADDA-Sinfónica, no 2007, foi galardoado co premio Euterpe do País Valenciano á mellor traxectoria académica. Foi timbalero da Orquesta Sinfónica de Alicante e colaborador de importantes orquestras como a Orquesta Reina Sofía, One World Symphony Orchestra e Jeunesses Musicales World Orchestra, Albeniz Symphonic Orchestra de Nova York e a Filharmónica do estado de Botosani de Romania. Membro fundador xunto ao percusionista Rafa Mayans do Kineticpercussion actuaron nos Festivais máis importantes de música étnica e percusión do panorama nacional.

Entradas: 
  • RETIRADA DE ENTRADAS EN LIÑA: LUNS DA SEMANA DO EVENTO_10.00 H
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. Aberto de martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Domingos de 11 a 14 h (Luns pechado). Teléfono 981 542 462
  • Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. Aberto o día do espectáculo desde 1h 30 min antes do comezo do mesmo. Teléfono 981 571 026

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA PORTADA

Funcións: 
Venres, 11 Xuño, 2021
20:30
Auditorio de Galicia