XMC: CONTRADICIÓNS COA REAL FILHARMONÍA DE GALICIA

DATOS BÁSICOS

XORNADAS DE MÚSICA CONTEMPORÁNEA XUÑO 2021

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA

 

AVISO: Haberá un Conversando previo, ás 19:30 h na Sala Mozart, con:

Raquel García-Tomás, compositora

Diego García Rodríguez, director

 

Concerto. 20:30 h. Sala Ángel Brage

Real Filharmonía de Galicia

Diego García Rodríguez, director

 

Contradicións. PROGRAMA

Unsuk Chin (1961) Subito con forza* (2020)

Grażyna Bacewicz (1909-1969) Contradizione, for Chamber Orchestra (1966)

Raquel García-Tomás (1984) Sonic Canvas (2020)

Joan Tower (1938) Chamber dance* (2006)

* Estrea en España

Catro compositoras de moi distintas xeracións e culturas que afrontan a música desde diferentes perspectivas persoais. A compositora surcoreana Unsuk Chin leva décadas emocionado á audiencia nas salas de concertos de todo o mundo con música chea de efectos de luces parpadeantes e un xogo de cores sen fin. Coa súa transnacionalidade, vive en Alemaña desde 1985, liberouse das tradicións e procura mundos sonoros completamente novos. Idea das obras dramáticas e de enoeño de Chin, Subito con forza é o último traballo orquestral de Unsuk Chin, composto como homenaxe a Beethoven no seu aniversario en 2020. A música esconde tanto citas do compositor como reflexións más implícitas sobre a xordeira que o golpeou e frustrou cruelmente. Contradizione é unha obra para conxunto de cámara cuxa elección dos instrumentos non foi casual, pois o elemento fundamental, a xustaposición de todo tipo de contradicións musicais, dependía dos instrumentos utilizados na obra. O obxectivo primordial era crear, a partir destes elementos contraditorios, unha obra que non só resistira estas xustaposicións do material musical, senón que tamén fose capaz -grazas á súa estrutura- de unilas tan estreitamente que produciran como resultado unha nova experiencia artística. Chamer dance é música de cámara pois Joan Tower foi un encargo da Orpheus Chamber Orchestra e pensa nela como un gran grupo de cámara, que interactúa e "baila" cos demais ao igual que os grupos de cámara máis pequenos. Como os bailaríns, os membros deste grupo deben estar moi en contacto co que fan os outros, e permitir un liderado cambiante para guiar aos conxuntos menores e máis grandes. A obra tece un tapiz no que o óboe, a frauta e o violín aparecen como solos e o violín e o clarinete, o violonchelo e o fagot, as dúas trompetas e as trompas ao unísono saen da textura como dúos. A escritura do grupo é bastante vertical e rítmica, creando así un conxunto que ten que "bailar" ben pegado. Raquel García-Tomás explica que Sonic Canvas xorde do desexo de «pintar con sons un lenzo imaxinario, tal como suxire o título». Así, aspectos como a cor, a textura e a densidade «adquiren aquí un novo significado, lonxe das convencións habituais, especialmente a de cor-timbre». Dada a sinestesia que a acompaña desde que ten uso de razón, a compositora asocia a cor, a harmonía e os cambios de rexistro máis que o timbre. Por iso, servíndose deste fenómeno neurolóxico, compuxo Sonic Canvas, que non é máis que unha representación persoal do visual a través do son.

Real Filharmonía de Galicia

A RFG nace como un ambicioso proxecto cultural en Santiago de Compostela no ano 1996. Paul Daniel é, desde 2013, o seu director titular e artístico, posto no que lle precederon Helmuth Rilling e Antoni Ros Marbà. Está formada por cincuenta músicos de 17 nacionalidades diferentes. Con sede no Auditorio de Galicia e xestionada polo Consorcio de Santiago, mantén unha tempada de abono estable, levando a súa música por toda a comunidade galega. Ao longo da súa traxectoria acompañárona os máis destacados directores, cantantes e instrumentistas do mundo. Realizou xiras e concertos en escenarios de Alemaña, Austria, Francia, Brasil, Arxentina, Cuba e Portugal. A RFG mostra un especial interese pola creación contemporánea, apoiando a estrea de obras de novos compositores e compositoras galegas. Tamén é habitual a súa colaboración con artistas dos máis diversos estilos musicais. A súa discografía consta dunha quincena de CDs, dedicados a Maurice Ravel, Manuel de Falla, Frederic Mompou, Antón García Abril, Franz Schubert ou José Arriola. A Real Filharmonía de Galicia traballa por achegar a música clásica a todos os públicos. Para iso promove concertos gratuítos na rúa, nos barrios e en diferentes puntos da cidade compostelá, á vez que ofrece actuacións en directo por streaming. No seu afán por chegar aos máis novos, realiza propostas didácticas, familiares e programas especiais. Comprometida coa educación musical das novas xeracións, a orquestra forma un proxecto conxunto coa Escola de Altos Estudos Musicais, coa que colabora para ofrecer unha formación altamente especializada en práctica orquestral a novos intérpretes.

Diego García Rodríguez

Nace en Escarabote (A Coruña) e estuda piano e música de cámara nos Conservatorios de Santiago de Compostela e Lausana. Estuda dirección de orquestra na Hochschule der Künste de Zúric e obtén un Mestrado en dirección orquestral baixo a dirección de Johannes Schlaefli. Prosegue os seus estudos de orquestra e ópera con Diego Masson e é seleccionado para participar no primeiro programa para novos directores da prestixiosa London Sinfonietta. Foi director asistente de Nicola Luisotti, Paul Daniel, Josep Pons e Nicolas Chalvin no Teatro Real de Madrid, Gran Teatre del Liceu de Barcelona, Festival Castell de Peralada, Opéra de Lausanne, Théâtre de Caen e Angers-Nantes Opéra. Dirixe Hänsel e Gretel no Teatro Real de Madrid, Carmen na Opera Bałtycka de Gdansk; Rigoletto, Macbeth e O Barbeiro de Sevilla en Vigo; Madama Butterfly e As vodas de Figaro no Festival de Verán de Dartington; O Barbeiro de Sevilla e Rigoletto en Donostia, A ópera dos tres reais para o CDG e as estreas mundiais de It makes no difference... de Simone Spagnolo no festival Tête à Tête de Londres, Die träumenden Knaben de Torsten Rasch no Two Moors Festival de Devon e O Loro de Carlos V de Nani García n’A Coruña. Ten actuado como director invitado coa Real Filharmonía de Galicia, Orquestra Sinfónica de Galicia, Sinfónica de Castilla y León, Sinfónica del Principado de Asturias, Orquestra de la Comunitat Valenciana, Orquesta de Extremadura, Filarmónica de Málaga, Orchestre des Pays de Savoie, Akademicka Orkiestra Bydgoszcz, Orquesta Joven da Sinfónica de Galicia, Dartington Festival Orchestra, OrchestrBerg Prag e o conxunto instrumental suízo Kypris. Diego é membro fundador e director artístico do Taller Atlántico Contemporáneo co que desenvolve unha intensa actividade de difusión da música contemporánea e a súa relación con outras disciplinas artísticas. Co TAC actuou no Auditorio Nacional de Madrid, Semana de Música Religiosa de Cuenca, Festival Internacional de Música y Danza de Granada, Festival Internacional de Santander e Quincena musical Donostiarra.

Entradas: 
  • RETIRADA DE ENTRADAS EN LIÑA: LUNS DA SEMANA DO EVENTO_10.00 H
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. Aberto de martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Domingos de 11 a 14 h (Luns pechado). Teléfono 981 542 462
  • Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. Aberto o día do espectáculo desde 1h 30 min antes do comezo do mesmo. Teléfono 981 571 026

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA PORTADA

Funcións: 
Xoves, 17 Xuño, 2021
20:30
Auditorio de Galicia