XMC: CELLO&ELLECTRONICS

DATOS BÁSICOS

XORNADAS DE MÚSICA CONTEMPORÁNEA XUÑO 2021

Cello&Electronics

Margarida Mariño, violonchelo

Laura Iturralde, deseñadora de iluminación e escenografía

A exploración dos límites sonoros e estéticos do violonchelo levou a Margarida a experimentar con xéneros onde o seu instrumento non é tan común, como o Jazz, a música espontánea, ou a improvisación libre, entre outros. A súa proposta en solitario presenta un repertorio orixinal para violonchelo inspirado en temas como a ecoloxía, o cambio climático ou as migracións humanas, utilizando pedais de efectos, voz e loops cos que logra crear texturas únicas e complexas orquestracións que dan lugar a un estilo moi persoal e único, no que xéneros tan aparentemente diverxentes como o post-rock, new-age ou a música clásica  vibran cunha soa voz.

Margarida Mariño

Natural de Vigo comeza os seus estudos de violonchelo á idade de oito anos no Conservatorio  Profesional de Música da mesma cidade con Isabel Figueroa. En 2008 trasládase a Barcelona para licenciarse no Conservatori Superior Liceu. Durante a súa  estancia na cidade condal comeza a súa inmersión no ámbito das músicas improvisadas e o Jazz. Ten tocado en recoñecidos festivais como o Voll  Damm Jazz de Barcelona, Pop Arb, VallSonora ou Curtcircuit. Tras licenciarse no Consertavorio continúa a súa formación de violonchelo e contrabaixo no Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra co pianista e  compositor Abe Rábade. Forma parte da Asociación de Violoncellistas de Galicia Soncello e foi invitada a impartir varias charlas e obradoiros sobre improvisación libre ou o uso de pedais de efectos co violonchelo. Ten recibido clases de prestixiosos violonchelistas tales como Cristoph Coin, Barbara Switalska, Asier Polo ou Herre Jan Stegenga e tamén formou parte de distintas orquestras como a OSV430, a Real Filharmonía de Galicia e a nivel internacional a Orquesta Réssonnance en Suíza, ou La Via dei Concerti, coa que emprendeu unha xira por Italia, Francia e España con concertos entre os que destacan unha audiencia no Vaticano de Roma ou a Feria de Exposición Universal en Milán. No ano 2015 forma o dúo Treme xunto á cantante e guitarrista Su Garrido, galardoadas co premio Música Xove á mellor banda galega e ofrecendo concertos por distintos festivais e auditorios como o Festival de Jazz  de Vigo ImaxinaSons, Festival PlayDoc, ou o Auditorio Conde Duque de Madrid. En 2017 comeza a súa colaboración co multiinstrumentista Fernando Barroso co que emprende unha xira a nivel internacional presentando o seu álbum para mandolina e violonchelo Silence Lovers Club. En abril de 2018  forma parte xunto ao seu irmán Borja Mariño do espectáculo Pulcinella, unha produción do Teatro Real baseada no ballet de Stravinski. Compuxo e interpretou música orixinal para diferentes obras como a curtametraxe Puzzle de Nicolás Ferglez ou o espectáculo Good Luck de Alfonso Rivera. Actualmente forma parte do Trío Eixos  Cromáticos, do quinteto Límbico e do cuarteto de Fernando Barroso, ao mesmo tempo que presenta o seu primeiro traballo en solitario Cello&Electronics con gran acollida a nivel internacional.

Entradas: 
  • RETIRADA DE ENTRADAS EN LIÑA: LUNS DA SEMANA DO EVENTO_10.00 H
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. Aberto de martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Domingos de 11 a 14 h (Luns pechado). Teléfono 981 542 462
  • Despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto o día do espectáculo desde 1h antes do comezo do mesmo. Teléfono: 981 542 349

 

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

 

 

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA PORTADA

 

Funcións: 
Martes, 29 Xuño, 2021
20:30
Teatro Principal

UBICACIÓN

Compostela Capital Cultural