XELA ARIAS. A POESÍA DO RETRATO

DATOS BÁSICOS

Inaguración: 17 de maio ás 18.00 h

XELA ARIAS. A POESÍA DO RETRATO

Letras Galegas 2021

Xela Arias (Sarria, 1962  - Vigo, 2003)  é a quinta muller homenaxeada nos máis de 50 anos de celebración das Letras Galegas. Muller creadora cuxa voz singular contribuíu a renovar a poesía galega dos anos 80 en temas, estilo e forma. Unha voz profunda, reflexiva e transgresora que a través da palabra procura novos espazos para afirmar a perspectiva feminista ou para denunciar a orde social opresora. Xela Arias representa unha muller anticipada ao seu tempo e por iso ten a capacidade de conectar coas xeracións do século XXI. Unha imaxe icónica, unha voz poderosa e aire fresco para renovar a celebración das Letras.

A exposición recompila unha colección de poemas da autora xunto aos retratos realizados polo fotógrafo Xulio Gil nos anos 80 e 90 cando ambos os dous eran parella. Xulio foi Premio da Crítica de Galicia das Artes Plásticas 2013 e autor das imaxes máis emblemáticas de Xela. Coarenta retratos en branco e negro que foron seleccionados por ​Xosé Enrique Acuña entre as máis de 400 fotografías de Xela Arias, que forman parte do arquivo persoal do fotógrafo, hoxe doado ao fillo de ambos os dous, Darío Gil Arias.

Desde estes fascinantes retratos en branco e negro, Xela mira chea de mocidade e valentía, mergullándonos no universo máis íntimo da autora. Posa con determinación e sen artificio ante o obxectivo de Xulio Gil, no seu período vital dos 26 aos 40 anos. Imaxes cargadas de poesía, onde a mirada penetrante de Xela nos observa de fronte e con honestidade.

Corenta  retratos dialogando con coarente textos poéticos​. Unha interacción entre poesía e fotografia que non deixará indiferentes ás persoas visitantes. Xela Arias supón unha oportunidade para chegar aos novos públicos da literatura galega e para reconectar a celebración das Letras coa sociedade. 

____

Poemas:  ​Xela Arias

Fotografías: Xulio Gil

Comisariado: ​Xosé Enrique Acuña [selección fotografías e poemas]

Produción executiva:​ Xosé Manuel Aldea Moscoso

Deseño expositivo: Ouvirmos

Secretaría técnica: Raquel López López

Montaxe e transporte: Emilio López González

Colaboración de honra: Darío Gil Arias

 

Agradecemento especial: Familia Xela Arias

Os poemas e fotografías incluídos nesta exposición aparecen por cortesía de ​Darío Gil Arias, ​©​Darío Gil Arias

Entradas: 

Entrada de balde

_____

HORARIO

De martes a sábado

de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00h

Domingo de 11.00 a 14.00h

Luns pechado

___

O 17 de maio apertura ás 18.00h

Aforo completo

Funcións: 
Luns, 17 Maio, 2021 a Domingo, 25 Xullo, 2021
Zona C. Punto de información cultural
MULTIMEDIA