A WITNESS OUT OF THE BLUE (2019)

DATOS BÁSICOS

PANORAMA INTERNACIONAL

LUN 16, 17:15 | SALÓN TEATRO
MAR 17, 20:20 | NUMAX

 
Fung Chi-Keung
Hong Kong / 104 min. / Ficción / Cantonés

Ficha artística:
Louis Koo, Louis Cheung, Jessica Hsuan, Cherry
Ngan, Philip Keung, Fiona Sit, Patrick Tam, Andy On

Ficha técnica:
Guión: Fung Chi-Keung
Fotografía: Kenny Tse
Edición: Law Wing Cheong, Kelvin Chau
Produción: Alex Dong, Tung-Shing Yee

Tres meses despois de liderar o roubo con forza a unha xoiería, un dos compañeiros de Sean Wong aparece morto. Larry Lam é un dos detectives encargados de resolver o misterio, pero a súa única testemuña é un papagaio. As cousas iranse complicando cando outros involucrados no roubo da xoiería comezan a aparecer mortos. Non só Larry está a investigar o caso. Ao ser o principal sospeitoso, Sean Wong tamén busca ao asasino cos obxectivos de limpar o seu nome e atopar o botín roubado.

Fung Chi-Keung
(Taiwán)
Director de cinema e guionista de Hong Kong. Graduouse na Academia de Cinema da Universidade Baptista de Hong Kong e comezou a exercer como asistente de dirección antes de traballar como guionista para varios dramas televisivos. O guión cinematográfico de Fung para A serea foi nomeado para o premio The Hong Kong Film Award ao mellor guión en 2017. Dirixiu a súa primeira película, The bounty, en 2012.

Duración: 
104 MIN
Entradas: 

VENDA E RETIRADA DE CONVITES

  • Para as proxeccións de todas as salas
    • compostelacultura.gal
    • Despacho de billetes do Teatro Principal: de 15.30 a 21.00 h e polas mañás desde unha hora antes do inicio da proxección.
  • Para as proxeccións do Auditorio de Galicia tamén se poden retirar na propia sala desde unha hora antes do inicio dos filmes.
  • Para as proxeccións de Numax tamén se poden mercar na propia sala no seu horario habitual (numax.org)

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

CONSULTA O PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS NA PORTADA

Funcións: 
Luns, 16 Novembro, 2020
17:15
Salón Teatro
Martes, 17 Novembro, 2020
20:20
NUMAX