SECCIÓN DOCS CINEUROPA
Dirección: Ruth Beckermann
Austria / 2018 / Longametraxe / Documental / Alemán, Inglés, Francés
Ficha artística
Josef Aichholzer, Edgar Bronfman, Josef Broukal, John Bunzl, Hubertus Czernin, Barrie Dunsmore, Michaela Englert.
Ficha técnica
Guión: Ruth Beckermann.
Animación: David Pedro-Suarez.
Edición: Kurt Hennrich.
Produción: Ruth Beckermann Filmproduktion / ORF Film/Fernseh-Abkommen.
Sinopse
«Waldheim non, Waldheim non» gritaba unha multitude no centro de Viena en 1986. Daquela, o ex Secretario Xeral da ONU, de escuro pasado nazi, presentábase como candidato do Partido Populista ás eleccións á presidencia da República. Ruth Beckermann foi unha daqueles activistas que intentaron impedir a elección de Kurt Waldheim e documentou aqueles eventos coa súa cámara. Máis de 30 anos despois, mestura o seu propio arquivo con material de televisión internacional para analizar este punto de inflexión na cultura política austriaca.
Premios
- Mellor documental na Berlinale 2018.
- Mellor filme (ex-aequo) no Play-Doc 2018.