CINEUROPA | CICLO CINEMA E CAMBIO CLIMÁTICO:
“OS ÚLTIMOS DÍAS DO EDÉN”
Terrence Malick
Estados Unidos, Alemaña / 90 min. / Documental / Inglés
Ficha artística:
Cate Blanchett
Ficha técnica:
Guión: Terrence Malick
Música: Ennio Morricone
Fotografía: Paul Atkins
Sinopse:
Documental existencialista sobre a natureza, a vida, o espazo e o universo, narrado por Cate Blanchett e cunha duración de 90 minutos, se ben existe unha versión máis reducida (para a súa estrea exclusiva en IMAX), de 40 minutos, relatada por Brad Pitt. Achégase ao retrato da natureza dende o comezo do mundo ata o final a través de imaxes de medusas, embrións de crocodilo, nebulosas e espectaculares paisaxes que farán gozar ao público.
2016: sección oficial de longametraxes a concurso na Mostra de Venecia