VIVA A ESCENA! Temporada de Artes Escénicas 2021

DATOS BÁSICOS

A programación de Artes Escénicas de Compostela Cultura ofrece un total de trinta e dous eventos ata o mes de xuño, dos cales oito son destinados a un público infantil, para gozar En familia.

Para máis información e MERCAR ENTRADAS podes consultar a ficha de cada evento nesta mesma web.

Entradas: 

* RECOMÉNDASE A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS EN LIÑA

Venda de entradas en liña: desde o luns da semana do evento ás 10.00 h en compostelacultura.gal

Venda de entradas presencial: a partir do luns da semana do evento nos horarios habituais.

  • Despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto de martes a sábado (+ días de evento) de 18.00 a 21.00h. Se a función é fóra dese horario, o despacho abrirá 1h 30min antes do seu inicio. Teléfono: 981 542 349
  • Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. Aberto só os días de evento desde 1h 30min antes do comezo do mesmo. Teléfono 981 571 026
Funcións: 
Venres, 19 Febreiro, 2021 a Sábado, 12 Xuño, 2021