VII FESTIVAL DE NARRACIÓN ORAL ATLÁNTICA

DATOS BÁSICOS

O festival Atlántica concibe a Galicia toda coma un porto de mil cincocentos quilómetros de pantalán, no que atracarán contadores de historias dos países que beirean o Océano Atlántico. Nestes anos contacontos de Portugal, Uruguai, Arxentina, Irlanda, Camerún, Brasil, Inglaterra, Francia… países vinculados todos eles ao mar e que fixeron do mar un dos seus máis fortes selos de identidade, chegaron a nosa terra. Galicia é coma o capacho no que se recollen as historias que van e veñen por este mar.

Atlántica 2019. Festival de Historias e Contos. Unha programación chea de historias para alumear o mundo dos nenos e a todas aquelas persoas que levan no corazón un recuncho onde aniñan os contos e lendas. Un momento de saír a escoitar, porque na noite escura sempre brillan as estrelas.

Adicado a Xabier Docampo, o primeiro “si” do Festival Atlántica.

En Compostela teremos actividades no Teatro Principal, Auditorio de Galicia, Rede de Centros Cívicos, rúas e parques da cidade. A programación ao completo pode consultarse en festivalatlantica.com

Entradas: 

Despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto de martes a sábado (+ días de evento) de 18.00 a 21.00h. Os días que hai evento no Teatro, a venta anticipada remata ás 20.00h e só se venden entradas para o espectáculo dese día.

Teléfono: 981 542 349

 entradas.abanca.com

Funcións: 
Luns, 11 Marzo, 2019 a Sábado, 23 Marzo, 2019