VERTIXE SONORA + APERTURA MIRAR O SON

DATOS BÁSICOS

19.30 h_ Sala Mozart_Auditorio de Galicia

PRESENTACIÓN DO CONCERTO DE VERTIXE SONARA E DA EXPOSICIÓN 'MIRAR O SON'

O público asistente poderá gozar do concerto e da visita á exposición seguindo as normas de protocolo de acceso a espectáculos

__

CONCERTO DE VERTIXE SONORA

FESTIVAL DE ARTES PERFORMATIVAS / Xornadas de Música contemporánea XMC

O mércores 16 de setembro ás 19:30 h, Vertixe Sonora Ensemble, agrupación especializada na creación musical máis actual, interpretará na Sala Mozart do Auditorio de Galicia obras presentes na mostra Mirar o son. Notación gráfica na música contemporánea, coincidindo coa súa celebración no propio Auditorio de Galicia. O programa ofrece un pequeno percorrido por obras de moi diversas orixes e definicións formais. Obras que, partindo de concepcións moi distintas, coinciden no significativo compoñente visual da súa notación que, en ocasións, está ao mesmo nivel que o sonoro ou mesmo pode ser preponderante.

No concerto interpretaranse obras de  Juan Hidalgo (Las Palmas, 1927-2018),  Michelle Agnes Magalhaes (Campo Grande, Brasil, 1979), Eduardo Partida (San Lorenzo de Tezonco, México, 1992), Catherine Kontz (Luxemburgo, 1976) e Robert Moran (Colorado, USA, 1937).

__

APERTURA DA EXPOSICIÓN 'MIRAR O SON. NOTACIÓN GRÁFICA NA MÚSICA CONTEMPORÁNEA'

Comisariada por  Ignacio Barcia e Iñaki Martínez Antelo a exposición Mirar o son, que recolle máis de douscentos documentos, propón un achegamento ás novas formas de notación musical que xorden aproximadamente a mediados do século XX ata a actualidade. Móstranse exemplos de partituras non convencionais nas que predomina a súa dimensión visual, ou que adoptan linguaxes e sistemas de notación non normalizados. Estas partituras responden a necesidades de notación consecuencia de novas formas musicais, de novos procesos compositivos, das esixencias de notación das formas estendidas de interpretación, da ampliación dos materiais sonoros empregados ou mesmo, en ocasións, do uso da escritura ou a creación visual como ámbito de experimentación compositiva. Atopamos en moitas ocasións conexións con movementos de creación multidisciplinares, como se da de forma paradigmática no caso do movemento Fluxus onde entraron en relación artistas provenientes das artes plásticas, da música, da escritura experimental e doutras disciplinas. Así, a notación gráfica pode entenderse como unha sorte de solapamento do visual co que, nun neoloxismo significativo, denomínase co anglicismo “aural”.

para continuar lendo preme aquí

 

 

Información da billeteira: 

Aforo limitado previa retirada de convite

O convite permite asistir ao concerto e visitar a exposición

Para consultar o protocolo de acceso preme aquí

 

Funcións: 
Mércores, 16 Setembro, 2020
19:30
Auditorio de Galicia

UBICACIÓN

Auditorio de Galicia