VENCERSE É COUSA DE SE TRATAR

DATOS BÁSICOS

CONCERTO HOMENAXE A XELA ARIAS

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2021

No ano 2003 a poeta Xela Arias preparaba as presentacións do seu derradeiro libro “Intempériome ” xunto ao músico Fernando Abreu coa idea de mesturar as dúas artes dende un punto de vista contemporáneo con espazo para improvisación libre e a palabra.

O PROXECTO

Como parte do traballo previo e co fin de analizar a emoción, o ritmo e o caracter dos recitados de Xela Arias, Fernando Abreu gravou os poemas do libro na propia voz de Xela. Aquelas gravacións que só tiñan a intención do estudo acabáronse por se converter nun documento único coa inesperada morte da autora.

A ACCIÓN

O nomeamento de Xela Arias como homenaxeada na edición do ano 2021 do Día das Letras Galegas é a ocasión perfecta para que este proxecto se converta nun espectáculo escénico no que Fernando Abreu mestura palabra, música e imaxe. A concreción da proposta ven auspiciada pola colaboración indispensable do MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo, onde se preestrea a peza en abril do 2021.

QUEN

O elenco do espectáculo está formado por artistas de recoñecido prestixio no mundo da música e a escena galega contemporánea: Mónica de Nut porá voz aos poemas de Xela Arias mesturándose cos recitados gravados da propia autora e tamén interactuará cos músicos Fernando Abreu e Pablo Carrera, que levan máis de vinte anos traballando xuntos tanto no seu proxecto DOUS coma creando espazos sonoros para teatro e audiovisual. Roi Fernández encárgase do cinema en directo, se a localización do espectáculo o permite.

Fernando Abreu http://www.galiciantunes.com/bandsandartists/1148

Mónica de Nut http://www.galiciantunes.com/bandsandartists/458

DOUS (Fernando Abreu e Pablo Carrera) www.sondous.com

Sr. Pause (Roi Fernández) https://www.srpause.com/

O ESPECTÁCULO

A obra materialízase nun acto tremendamente quebrantador, que traslada ao espectador ao núcleo da emoción irracional, onde ten cabida un diálogo interno no que a propia autora, por voz propia e a través da intervención dos diferentes elementos escénicos, acompáñanos a percorrer as temáticas máis recorrentes na súa obra. Na súa pre-estrea, crítica e público salientaron a intensidade dunha peza transgresora que atrapa a audiencia desde o primeiro intre, creando unha atmósfera intensa e vibrante de resolución progresiva e xerando unha catarse entre as varias disciplinas intervintes que se resolve nunha proposta xenuína que respecta a visión da poeta sobre a confluencia das manifestacións artísticas.

Entradas: 

ADQUISICIÓN DE CONVITES EN LIÑA: LUNS DA SEMANA DO EVENTO_10.00 H

Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. Aberto de martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Domingos de 11 a 14 h (Luns pechado). Teléfono 981 542 462

Despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto o día do espectáculo desde 1h antes do comezo do mesmo. Teléfono: 981 542 349

Funcións: 
Martes, 18 Maio, 2021
20:30
Teatro Principal

UBICACIÓN

Compostela Capital Cultural