CINEUROPA
PANORAMA AUDIOVISUAL GALEGO / FILMIN
VALLDAURA: A QUARANTINE CABIN (2022)
Manuel Lógar
España / 77 min / Documental / Inglés
Ficha técnica:
Guión: Manuel Lógar
Fotografía: Lucas Carrillo
Edición: Manuel Lógar
Produción: Vicente Guallart
Sinopse:
No medio do parque natural de Collserola, un grupo de novos arquitectos de todo o mundo viven e estudan o futuro das cidades. Coa chegada da covid, serán confinados no medio dunha fraga, experimentando os problemas e conflitos emocionais da autosuficiencia como xamais esperarían. Tras un muro de árbores, as opcións son infinitas.
Manuel Lógar (A Coruña). Interesado na realidade da imaxe e a natureza social, especializa os seus estudos de cinema na rama documental e roda a súa ópera prima sobre os percebeiros da Costa da Morte. Sobrevivindo en equipos de produción de diferentes proxectos, Manuel mantén a súa produción documental independente, así como a dirección do Cormorán Film Fest, festival de cinema internacional coruñés.
AO FINALIZAR A PROXECCIÓN HABERÁ COLOQUIO.