VALENTINO RUFINI E ÂKIL PILLABÁN DE VIAXE A MILÁN (E VAN SEN UN CAN)

Teatro Principal
DATOS BÁSICOS

Recomendado para alumnos dende 3º a 6º primaria

Farsa que respira da comedia da arte , ambientada na Italia do século XVIII e conta a historia de dous personaxes ben diferentes e, ao tempo, moi semellantes. Valentino Ruffini é un poeta que non consegue publicar os seus libros en Venecia e de regreso á súa cidade natal, Milán, é abandoado polo seu criado. Sen cartos e apesarado pola súa mala sorte decide pasar a noite nunha casa en ruínas, ás aforas de Venecia. Pola súa parte, Âkil Pillabán, magrebí que traballaba no mundo da construción, á abandoado pola súa ama coa que tamén viaxaba a Milán, e igualmente decide pasar a noite na mesma casa onde se refuxia Valentino. Coñeceranse alí, e xuntos agardarán pola carruaxe que vai a Milán para pedir auxilio. Xuntos pasarán a tarde, a noite e verán chegar un novo día. A desconfianza entre eles e o medo que os une provocarán divertidas historias coa que se artella un espectáculo que trata de reflexionar sobre a diferenza cultural, a desconfianza ao descoñecido e, por riba de todo, a necesidade de comprender que todos somos iguais, malia a cor da pele, das relixións e das posicións sociais. Trátase, en definitiva, dun espectáculo para ver en familia, para rir sen medo e, ao tempo, para pensar sen prexuízos.

Duración: 
1 hora
Entradas: 

Gratuíto, previa reserva a través do formulario que poderá descargar no seguinte enlace https://www.compostelacultura.gal/programadidactico e envialo ao correo info@auditoriodegalicia.org na data que figura na carta explicativa

Funcións: 
Luns, 4 Febreiro, 2019
10:00
Teatro Principal
Luns, 4 Febreiro, 2019
12:00
Teatro Principal
Martes, 5 Febreiro, 2019
10:00
Teatro Principal
Martes, 5 Febreiro, 2019
12:00
Teatro Principal