VÉRTIGO / PISTACATRO

DATOS BÁSICOS

FESTIVAL C 2021

Vértigo

PistaCatro

 

Idade recomendada: a partir dos 5 anos

Duración: 25 min

 

Raquel Oitavén e Mercè Solé

 

"O medo ás alturas é un perigoso mal que pode resultar fatídico. E aínda que resulte paradoxal falar de “vértigo” nun espectáculo vertical, non é así en absoluto pois o maior dos abismos non é o abismo físico, senón o abismo das profundidades doutra persoa". Slavoj Zizek

 

Unha vez exposto isto, é imposible escapar. O baleiro está por todas partes. Alí onde haxa persoas, está o abismo. Incluso cando un cre estar só, está proxectando o seu propio abismo.

 

Que se pode facer entón?

 

Disimular, tratar de vivir, ser belo, rir e DANZAR.

 

“VÉRTIGO” é a nova produción de Pistacatro que ven a ocupar un espazo baleiro en Galicia que é o da Danza Vertical de parede.

 

A espectacularidade do aéreo sumado á danza e á estética de Pistacatro nun formato singular e diferente e feito totalmente ‘made in Galicia’. Para o goce total da vista do espectador.

Duración: 
25 MIN
Entradas: 
  • ENTRADAS ESGOTADAS

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA PORTADA

Funcións: 
Martes, 31 Agosto, 2021
20:00
Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)