SECCIÓN OFICIAL EUROPEA
Dirección: Erik Poppe
Noruega / 2018 / Longametraxe / Ficción / Noruegués
Ficha artística
Andrea Berntzen, Aleksander Holmen, Brede Fristad, Ada Eide, Sorosh Sadat, Elli Rhiannon Müller Osbourne.
Ficha técnica
Guión: Anna Bache-Wiig, Siv Rajendram.
Fotografía: Martin Otterbeck.
Música: Wolfgang Plagge.
Produción: Paradox Film 7 / Programme MEDIA de la Communauté Européenne / Nordisk Film / Norsk Filminstitutt.
Sinopse
Coñecemos a Kaja, unha moza de 18 anos, apenas 12 minutos antes de que comece a matanza no campamento de verán da illa norueguesa de Utøya, o 22 de xullo do 2011, no que foi o peor día da historia moderna de Noruega. Os mozos acampados saben da bomba que un terrorista fixo estoupar en Oslo, pero descoñecen que Anders Breivik está na illa coa intención de matar cantas máis persoas mellor.
Premios
- Candidata ao Oso de Ouro da Berlinale 2018.