UpARTE CÍA DE CIRCO PRESENTA 'ÁUREO'

DATOS BÁSICOS

UpArte nace en Murcia en 2012, baixo o teito de La Chimenea Escénica. Nos seus comezos ningún dos integrantes practicaran circo nin se imaxinaban profesionalizándose nesta arte, pero o seu adestrador Vitaliy Motouzka, veterano acróbata ruso, soubo transmitirlles a súa paixón polo circo e fixo que da nada xurdira a compañía profesional de circo que é a día de hoxe. Actualmente, formada por 7 membros e o seu adestrador. Aínda que segue composta na súa maioría por murcianos tamén hai un coruñés, unha Arxentina e, por suposto, un ruso.

Áureo mergulla ao espectador nunha atmosfera chea de harmonía e proporción, combinando beleza, plasticidade e, á vez, risco, tensión e impacto.  Acrobacias de alto nivel técnico nun espazo no que as relacións entre obxectos e persoas foron calculadas con precisión e argumento. Nada é arbitrario. Non hai historia, só crear no espectador o atractivo cara ao visual, combinando con humor saltos de barra rusa, banquina portés e manipulación da escenografía.

Dirección de técnica acrobática: Vitaliy Motouzka
Dirección artística: Herminio Campillo
Elenco: Gisela Gabriela Segatti, Jesús Fuentes Albaladejo, Guimelh Amero Martín Conesa, Rubén Martinez Sánchez, Anjara Moreno Egea, Oscar Vilas Rivero, Israel Bernabe.
 
XÉNERO: CIRCO
DURACIÓN: 40 MINUTOS
ESPECTÁCULO PARA TODOS OS PÚBLICOS

Web do espectáculo: http://ciauparte.es/es/

Duración: 
40
Información da billeteira: 

Entrada libre

Funcións: 
Mércores, 14 Agosto, 2019
19:30
Praza da Quintana
MULTIMEDIA

Áureo Cia UpArte

UBICACIÓN