‘Una Confererencia Bailada’ proponse responder á pregunta do público: E despois de Pina que? Como continuación da peza orixinaria, Toni Jodar explica Danza Moderna e Contemporánea.
Toni Jodar preséntase no seu formato habitual, entre a conferencia e o espectáculo. Fálanos da historia recente e as tendencias actuais, rememorando aos mestres que marcaron as súas experiencias profesionais. A explicación pasa polos referentes da danza e dos movementos que sacudiron os corpos xunto aos acontecementos que modificaron o noso mundo. Un cambio de paradigma no que multitude de tendencias contribúen á fusión e á experimentación de novas formas, así como á relectura das tradicións.
Espectáculo enmarcado dentro de PLATEA, o Programa Estatal de Circulación de Espectáculos de Artes Escénicas en Espacios das Entidades Locais, organizado polo INAEM en colaboración coa FEMP (Federación Española de Municipios y Provincias).