UN CIELO IMPASIBLE

DATOS BÁSICOS

CINEUROPA

PANORAMA AUDIOVISUAL GALEGO

UN CIELO IMPASIBLE (2021)

David Varela

España / 81 min / documental / castelán

Ficha técnica:

Guión: David Varela

Fotografía: Raquel Fernández Núñez

Edición: David Varela

Produción: David Varela

Sinopse:

Zona oeste de Madrid. Lugar onde aconteceu unha das batallas máis cruentas e mortíferas da Guerra Civil Española. Un grupo de adolescentes investiga, recita e debate sobre os testemuños dos soldados que loitaron durante eses terribles días e fan súas as vivencias dos veteranos e dos mortos.

David Varela (Madrid). Cineasta e programador galego responsable da Asociación de Cinema Documental DOCMA. Como realizador firmou Banaras Me (2010) ou Freedom to Kill the Other’s Children (2016), exhibido, entre outros festivais, na 30ª edición de Cineuropa. Ademais, foi codirector artístico de Documenta Madrid entre 2017 e 2019.

Ao finalizar a proxección haberá coloquio.

Duración: 
81 MIN
Entradas: 

DE BALDE PREVIA RETIRADA DE CONVITE

PARA TODAS AS PROXECCIÓNS:

  • compostelacultura.gal
  • Zona C (Praza de Cervantes): de martes a sábado, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 h. Tel.: 981 542 462
  • Teatro Principal: de 16 h ata a hora de inicio do último filme do Teatro Principal ou do Salón Teatro. (Se hai un filme ás 16.00 h ou antes, o despacho de billetes abre media hora antes de que comece). Tel.: 981 542 349

EN CADA SALA, TAMÉN PARA AS PROXECCIÓNS DE ESE ESPAZO:

  • NUMAX: de luns a sábado (excepto martes) de 10.30 a 14.00 h e de 16.00 a 20.30 h e os martes só de 16.00 a 20.30 h. Os domingo e calquera outro día fóra deste horario, abriríase o despacho de billetes 10 minutos antes do inicio da sesión.
  • MULTICINES COMPOSTELA: desde as 17.00 h ata a hora de inicio do último filme. (Se hai un filme ás 17.00 h ou antes, o despacho de billetes abre media hora antes de que comece)
  • AUDITORIO DE GALICIA: desde media hora antes do inicio de cada sesión.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

Funcións: 
Venres, 11 Novembro, 2022
18:00
NUMAX
MULTIMEDIA

Trailer UN CIELO IMPASIBLE, de David Varela