UN ÉTÉ COMME ÇA / ESE TIPO DE VERÁN

DATOS BÁSICOS

CINEUROPA

PANORAMA INTERNACIONAL

UN ÉTÉ COMME ÇA / ESE TIPO DE VERÁN (2022)

Denis Côté

Canadá / 127 min / Ficción / Francés

Ficha artística:

Larissa Corriveau, Laure Giappiconi, Aude Mathieu, Samir Guesmi, Anne Ratte Polle

Ficha técnica:

Guión: Denis Côté

Fotografía: François Messier-Rheault

Edición: Dounia Sichov

Produción: Sylvain Corbeil, Audrey-Ann Dupuis-Pierre, Yannick Savard

Sinopse:

Convidadas a unha casa de campo para exploraren os seus problemas sexuais, tres mulleres botan o día e a noite tratando de domar os seus demos internos. Baixo a supervisión imparcial dunha terapeuta alemá e dun amable traballador social, o grupo intenta manter un delicado equilibrio. Para a nova Geisha, a sombría Léonie e a imprevisíbel Eugénie, é unha boa oportunidade para se afastar do ruído, comprometerse co presente e pensar no futuro.

Denis Côté (Brunswick, Canadá). Logo de traballar algúns anos como xornalista e crítico de cinema, debutou como director no 2005 con Les états nordiques, que recibiu o Leopardo de Ouro na competición de vídeo en Locarno. Bestiaire (2012), Vic + Flo ont vu un ours (2013), Antoloxía dunha poboación pantasma (2019) e Hygiène sociale (2021) son algúns dos seus títulos.

Candidata ao Oso de Ouro da Berlinale 2022

Duración: 
127 MIN
Entradas: 

CINEUROPA

  • 4 euros
  • Bono 10 películas: 30 euros

PARA TODAS AS PROXECCIÓNS:

  • compostelacultura.gal
  • Zona C (Praza de Cervantes): de martes a sábado, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 h. Tel.: 981 542 462
  • Teatro Principal: de 16 h ata a hora de inicio do último filme do Teatro Principal ou do Salón Teatro. (Se hai un filme ás 16.00 h ou antes, o despacho de billetes abre media hora antes de que comece). Tel.: 981 542 349

EN CADA SALA, TAMÉN PARA AS PROXECCIÓNS DE ESE ESPAZO:

  • NUMAX: de luns a sábado (excepto martes) de 10.30 a 14.00 h e de 16.00 a 20.30 h e os martes só de 16.00 a 20.30 h. Os domingo e calquera outro día fóra deste horario, abriríase o despacho de billetes 10 minutos antes do inicio da sesión.
  • MULTICINES COMPOSTELA: desde as 17.00 h ata a hora de inicio do último filme. (Se hai un filme ás 17.00 h ou antes, o despacho de billetes abre media hora antes de que comece)
  • AUDITORIO DE GALICIA: desde media hora antes do inicio de cada sesión.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

Funcións: 
Sábado, 19 Novembro, 2022
19:30
Salón Teatro
Domingo, 20 Novembro, 2022
22:00
Teatro Principal
MULTIMEDIA

THAT KIND OF SUMMER, a film by Denis Côté - Trailer