TRENQUE LAUQUEN

DATOS BÁSICOS

CINEUROPA

PANORAMA INTERNACIONAL

TRENQUE LAUQUEN (2022)

Laura Citarella

Arxentina, Alemaña / 250 min / Ficción / Español

Ficha artística:

Laura Paredes, Ezequiel Pierri, Rafael Spregelburd

Ficha técnica:

Guión: Laura Citarella, Laura Paredes

Fotografía: Yarara Rodriguez

Edición: Miguel De Zuviría, Alejo Moguillansky

Produción: El Pampero Cine, Grandfilm

Sinopse:

Unha muller desaparece. Dous homes saen na súa procura: ambos os dous a aman. Por que marchou? Cada un deles ten a súa propia sospeita e ocúltalla ao outro que —misteriosamente— nunca chega a ser o seu rival. Ningún ten razón, pero, alguén tena? Esa fuxida de súpeto revélase como a cerna secreta dunha serie de ficcións que o filme, sutilmente, se encarga de tecer: o segredo do corazón doutra muller, perdida tamén hai xa unha morea de anos; o segredo da vida dunha aldea sacudida por un acontecemento sobrenatural que ninguén semella percibir; o segredo da chaira, que non deixa de espallarse devorándoo todo, como as sombras que asolagan o mundo despois do solpor.

Laura Citarella (La Plata, Arxentina). Citarella dirixiu as películas Ostende (2011), La mujer de los perros (codirixida con Verónica Llinás en 2015), Las poetas visitan a Juana Bignozzi (codirixida con Mercedes Halfon no 2019) e Trenque Lauquen. Tamén se fixo un nome como unha das produtoras de cinema independente máis importantes de Arxentina como parte de El Pampero Cine.

Duración: 
250 MIN
Entradas: 

CINEUROPA

  • 4 euros
  • Bono 10 películas: 30 euros

PARA TODAS AS PROXECCIÓNS:

  • compostelacultura.gal
  • Zona C (Praza de Cervantes): de martes a sábado, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 h. Tel.: 981 542 462
  • Teatro Principal: de 16 h ata a hora de inicio do último filme do Teatro Principal ou do Salón Teatro. (Se hai un filme ás 16.00 h ou antes, o despacho de billetes abre media hora antes de que comece). Tel.: 981 542 349

EN CADA SALA, TAMÉN PARA AS PROXECCIÓNS DE ESE ESPAZO:

  • NUMAX: de luns a sábado (excepto martes) de 10.30 a 14.00 h e de 16.00 a 20.30 h e os martes só de 16.00 a 20.30 h. Os domingo e calquera outro día fóra deste horario, abriríase o despacho de billetes 10 minutos antes do inicio da sesión.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

Funcións: 
Martes, 8 Novembro, 2022
18:00
NUMAX
Xoves, 10 Novembro, 2022
19:45
Salón Teatro
MULTIMEDIA

Official Trailer Trenque Lauquen by Laura Citarella