TRAS DO PANO

DATOS BÁSICOS

TRAS DO PANO. Máis aló da butaca. Visita contextualizada ao Teatro Principal + obradoiro de público(s)

O 27 de marzo celébrase o Día Internacional do Teatro, desde que o instaurou en 1961 o Instituto Internacional de Teatro (ITI). Desde Compostela Cultura unímonos a esta efeméride cunha actividade coa que pretendemos achegar ao público aos espazos escénicos municipais.

Nun momento no que o concepto de público espectador mudou xa cara unha idea moito máis diversa e participativa do feito escénico, Máis aló da butaca será unha tarde de domingo no Teatro Principal, cunha visita para coñecer o funcionamento do mesmo e un obradoiro no que traballar a idea do espectador/a dende un punto de vista máis extenso, aprendendo as dinámicas que rexen a vida dunha compañía de artes escénicas, sendo conscientes das distintas linguaxes e estratexias poéticas que ofrece a escena galega actual e abrindo en xeral os ollos a unha maneira máis consciente e conectada de ver artes escénicas. En resumo, indo máis aló da butaca.

Domingo 31 de marzo

De 17.00 a 21.00 h

Teatro Principal

Imparte: Diego V. Meizoso (xerente de Escena Galega e xestor cultural especializado en artes escénicas)

Público ao que se dirixe: Público adulto

Capacidade: 30 persoas

Inscrición en comunicacion@auditoriodegalicia.org. A asignación de prazas farase por estrito orde de chegada de solicitude

Información da billeteira: 

Gratuíta

Público adulto

Capacidade: 30 persoas

Inscrición en comunicacion@auditoriodegalicia.org. A asignación de prazas farase por estrito orde de chegada de solicitude

Funcións: 
Domingo, 31 Marzo, 2019
17:00 a 21:00
Teatro Principal

UBICACIÓN

Compostela Capital Cultural