'TRAPECIO VOLANTE' CON KANBAHIOTA TROUP

Praza da Quintana
DATOS BÁSICOS

Catro trapecistas, unha barra e unha estrutura de trapecio volante. Só hai que conseguir axustalo para poder conquistar o aire coas súas acrobacias, non sen algunha caída inesperada .

Visitaron medio mundo cos seus shows: Palestina, Brasil, Sáhara, Francia, Italia, Colombia, Uruguai, Portugal... Kanbahiota significa reviravolta en brasileiro. Do seu nome até a súa esencia, todo pasa polo movemento. Desde o ano 2002, esta compañía fai do aire o seu escenario. Aprópianse do vento nas prazas e do ambiente no teatro. Calquera recinto é perfecto para acoller o seu característico talento e as súas depuradas técnicas aéreas. Os malabares, a danza, o circo e a maxia son as ferramentas destes artesáns do espectáculo

Elenco: Abraham Pavon, Rossina Castelli, Jesus Aragoneses e Luis Boza

DURACIÓN: 20 MINUTOS

ESPECTÁCULO PARA TODOS OS PÚBLICOS

Web do espectáculo: http://kanbahiota.com/

Duración: 
20
Entradas: 

Entrada libre

Funcións: 
Xoves, 22 Agosto, 2019
19:30
Praza da Quintana
MULTIMEDIA