A TOUPIÑA QUE QUERÍA SABER QUEN LLE FIXERA AQUILA NA CABEZA

DATOS BÁSICOS

Monicreques

Recomendado para alumnos de infantil, 1º e 2º primaria

A xanela do Maxín

Unha representación teatral con monicreques e música en vivo que nos conta a coñecida historia da Toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza

A toupiña saía tan tranquila do seu tobo para ver se xa saíra o sol, cando algo lle caeu na cabeza, a modo de pucho cheirento. Daquela, percorrerá a granxa investigando -moi indignada- cal dos animais que alí viven lle fixera semellante agravio: a pomba, o cabalo, a lebre... acompañada do granxeiro e a unha rapaza recén chegada da cidade, que a queren axudar.

Unha obra moi participativa, simpática e escatolóxica que provoca gargalladas e fai que os espectadores empaten coa toupiña, ferida no seu orgullo. Nenas e maiores terán, con esta historia, a visión dun tema tan natural como a vida mesma e que, sen embargo, non sempre aparece en escena

Ficha artística

Autoría: Werner Holzwarth

Adaptación e dirección: Celtia Figueiras

Son e Iluminación: Luis Vallecillo

Monicreques: Marcelo P.Fernández

Escenografía: Benito Figueiras

Música: Pablo P.Sanmamed

Elenco: Celtia Figueiras, Luis Vallecillo e Pablo P. Sanmamed

Información da billeteira: 

Gratuíto, previa reserva a través do formulario que poderá descargar no seguinte enlace https://www.compostelacultura.gal/programadidactico e envialo ao correo info@auditoriodegalicia.org na data que figura na carta explicativa

Funcións: 
Luns, 3 Febreiro, 2020
10:00
Teatro Principal
Luns, 3 Febreiro, 2020
12:00
Teatro Principal
Martes, 4 Febreiro, 2020
10:00
Teatro Principal
Martes, 4 Febreiro, 2020
12:00
Teatro Principal
MULTIMEDIA

A Toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza

UBICACIÓN

Compostela Capital Cultural

Compostela Capital Cultural

Compostela Capital Cultural

Compostela Capital Cultural