CINEUROPA
PANORAMA INTERNACIONAL
TEENAGE SEX AND DEATH AT CAMP MIASMA / ADOLESCENCIA, SEXO E MORTE NO CAMPAMENTO MIASMA (2026)
Jane Schoenbrun
Estados Unidos, Canadá / 112 min / Inglés
Ficha artística:
Hannah Einbinder, Gillian Anderson, Amanda Fix, Arthur Conti, Eva Victor, Zach Cherry, Sarah Sherman, Patrick Fischler, Dylan Baker, Jasmin Savoy Brown, Quintessa Swindell, Kevin McDonald, Jack Haven
Ficha técnica:
Guión: Jane Schoenbrun
Fotografía: Eric K. Yue
Edición: Graham Mason
Produción: Dede Gardner e Jeremy Kleiner
Sinopse:
Tras anos de secuelas mediocres e cunha comunidade de seguidores cada vez máis reducida, a franquía de terror Campamento Miasma queda en mans dunha nova directora decidida a revitalizala. Cando visita a actriz que protagonizou a película orixinal, agora afastada da vida pública e envolta nunha aura de misterio, ambas mergúllanse nun universo de desexo, medo e delirio bañado en sangue.
Jane Schoenbrun desenvolve unha obra marcada pola identidade queer, a cultura popular e a relación entre a adolescencia e os medios audiovisuais. A súa primeira longametraxe de ficción, We're all going to the world's fair (2021), estreouse no Festival de Sundance. Con O brillo da televisión (2024), acadou recoñecemento internacional.
PALMA QUEER NO FESTIVAL DE CANNES 2026
PREMIO ZABALTEGI-TABAKALERA NO FESTIVAL DE SAN SEBASTIÁN 2026