TE VEO

DATOS BÁSICOS

CIRCO

Cía Vaya + B-Side Company

Idade recomendada:  Para todos os públicos

 

Dúas compañías internacionais de gran calidade unen os seus compoñentes de Italia, Francia, Chile e Portugal para crear este show. O espectáculo utiliza os portes acrobáticos como mecanismo para desvelar como pensamos e como se estrutura a nosa mente, nunha viaxe cara o autocoñecemento.

A idea do espectáculo está inspirada na película animada "Inside Out"  de Pixar e a voz narradora inspírase nos relatos do documental "Human" de Yann Arthus-Bertrand.

Humor, ironía, reflexión e acrobacia nun espectáculo familiar que conduce ao público a un mundo sináptico.

Información da billeteira: 

Entrada gratuíta previa retirada de convite

Máximo 2 convites por persoa

Prégase acudir cunha antelación mínima de 15 minutos. O uso de máscara é obrigatorio. 

____

Reserva preferentemente online na web compostelacultura.gal

Horario do despacho de billetes do Teatro Principal: de luns a venres, de 18 a 20 horas.

De non poder asistir, por favor, comuníqueo no teléfono 981 54 23 49 no horario do despacho de billetes.

En caso de choiva, os eventos ao aire libre serán cancelados

Todas as actividades son gratuítas. Haberá que acudir cunha antelación mínima de 15 minutos e o uso de máscara é obrigatorio.

 

En caso de choiva, os eventos ao aire libre serán cancelados

Funcións: 
Martes, 18 Agosto, 2020
20:00
Praza da Quintana
MULTIMEDIA

I SEE YOU

UBICACIÓN