SUPERNOVA

DATOS BÁSICOS

CURTOCIRCUÍTO 2022

SUPERNOVA

Esta sección naceu para salvar a brecha existente entre as primeiras experiencias cinematográficas e os circuítos profesionais. Eses primeiros traballos que non teñen fácil acceso a espazos de difusión atopan en Supernova o seu lugar. O festival quere empregar esta sección para que cineastas emerxentes aprendan a presentar, defender e acompañar os seus filmes e, para isto, encargarase de que entre o público haxa sempre programadores, produtores e realizadores máis experimentados que... Ler máis

Carlos foi vivir ao mar

Fernando Areal Alvite | 2022 | 15:32 | España | FIC | COR

Carlos é un home de mediana idade que debe superar unha ruptura sentimental e adaptarse ao seu novo fogar, incapaz de reiniciar a súa vida. Entre os desafíos que se lle presentan destaca unha tarefa imprescindible: a de atopar subministro de auga potable. Este será o reto principal que abordará o relato e que serve para representar a busca simbólica dunha nova oportunidade.

O que queda

Alejandro Rodríguez | 2022 | 09:14 | España | EXP, DOC | COR

A través da superficie dunha pantalla, adentrámonos nunha galería dun teléfono móbil. Unha voz introdúcenos ao seu contido e desmémbrao, dando paso a un ensaio fílmico que cuestiona o valor das imaxes que xeramos diariamente, reflexionando sobre as relacións que se establecen entre memoria e arquivo.

Para ver o mar ás veces é mellor pechar os ollos

Breogán Xague | 2022 | 09:29 | España | EXP, DOC | COR

A costa industrial de Cangas do Morrazo gravada có móvil antes de partir, o mosaico da antigua conserveira de Massó có texto alterado, e o acto de volver a xogar un partido no modo lenda do Pro Evolution Soccer 2012 serven para narrar un pesadelo sobre ser incapaz de volver a casa tras marchar a vivir ó estranxeiro.

Sedimento

Noa Costas Martín | 2022 | 08:38 | España | DOC, EXP | COR

Unha concepción máis ampla de termos coma memoria, herdanza e legado faise necesaria para o entendemento dos diferentes procesos sociais que se dan na Galiza a día de hoxe; e tamén para a busca dunha identidade e definición da xente que participa neses procesos. Poñemos a vista no territorio e entendemos estes termos tamén dende unha perspectiva máis persoal e ligada á atmósfera íntima e privada.

DEMASIADO*MOZO*PARA*MORRER

Victor Soho | 2022 | 10:21 | España | EXP, FIC | COR

Tras a morte do seu amigo, afogado no mar, o protagonista decide vingarse da única maneira posible: matando ao océano Atlántico.

Manifesto

Eire Cid | 2022 | 08:07 | España | DOC, EXP | COR

Unha moza vese obrigada a estar consigo mesma ao ficar encerrada no seu cuarto.

Abismo

Rubén Suárez | 2022 | 16:22 | España | FIC | COR

Álex espértase dun pesadelo só para atoparse que na súa propia casa continúan os sucesos terroríficos en forma de visións e ruídos delirantes e turbadores. A raíz desta situación aterradora, atópase nun penoso incidente do seu pasado que volveu atormentalo.

Duración: 
77 min
Entradas: 
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Teatro Principal. Os días de festival, desde 1 h antes do comezo da primeira sesión ata o comezo da última sesión. Tel.: 981 542 349

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

Funcións: 
Sábado, 8 Outubro, 2022
20:30
Teatro Principal