CINEUROPA
CANCIÓNS PARA DESPOIS DUNHA GUERRA
STORMY WEATHER / TEMPO DE TORMENTA (1943)
Andrew L. Stone
EEUU / 78 min / Ficción / Inglés
Ficha artística:
Lena Horne, Bill Robinson, Katherine Dunham, Fats Waller, Ada Brown, Harold Nicholas, Fayard Nicholas, Dooley Wilson, Cab Calloway
Ficha técnica:
Guión: Frederick Jackson, Ted Koehler, H.S. Kraft, Jerry Horwin, Seymour B. Robinson
Fotografía: Leon Shamroy, Lee Garmes
Edición: James B. Clark
Produción: 20th Century Fox
Sinopse:
Bill ‘Bojangles’ Robinson é un talentoso bailarín que volve á casa en 1918 logo de loitar na Primeira Guerra Mundial. No seu regreso, trata de se relacionar cunha fermosa cantante moi popular chamada Selina Rogers.
Tempo de tormenta retrata unha interesante panorámica dos grandes artistas afroamericanos de comezos do século XX, cando raramente aparecían nas principais producións de Hollywood, especialmente neste xénero.