A STAR IS BORN / NACEU UNHA ESTRELA

DATOS BÁSICOS

CINEUROPA

CANCIÓNS PARA DESPOIS DUNHA GUERRA

A STAR IS BORN / NACEU UNHA ESTRELA (1954)

George Cukor

EEUU / 154 min / Ficción / Inglés

Ficha artística:

Judy Garland, James Mason, Jack Carson

Ficha técnica:

Guión: Moss Hart. Baseado na obra de: Dorothy Parker, Alan Campbell, William A. Wellman e Robert Carson

Fotografía: Sam Leavitt

Edición: Folmar Blangsted

Produción: Warner Bros., Transcona Enterprises

Sinopse:

Norman Maine é un famoso actor adicto ao alcol que descobre a Esther, unha moza cun gran talento para a canción, e decide impulsar a súa carreira cinematográfica. Efectivamente, ela triunfa e poucos meses despois a parella contrae matrimonio. Pero, a medida que o éxito de Esther vai aumentando, o de Norman sofre o efecto contrario, o que o empurra cara á autodestrución.

Seis candidaturas aos Óscar 1954, incluíndo a de mellor actor e mellor actriz

Mellor actor, mellor actriz e mellor musical nos Globos de ouro 1954

Duración: 
175 MIN
Entradas: 

DE BALDE PREVIA RETIRADA DE CONVITE

PARA TODAS AS PROXECCIÓNS:

  • compostelacultura.gal
  • Zona C (Praza de Cervantes): de martes a sábado, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 h. Tel.: 981 542 462
  • Teatro Principal: de 16 h ata a hora de inicio do último filme do Teatro Principal ou do Salón Teatro. (Se hai un filme ás 16.00 h ou antes, o despacho de billetes abre media hora antes de que comece). Tel.: 981 542 349

EN CADA SALA, TAMÉN PARA AS PROXECCIÓNS DE ESE ESPAZO:

  • NUMAX: de luns a sábado (excepto martes) de 10.30 a 14.00 h e de 16.00 a 20.30 h e os martes só de 16.00 a 20.30 h. Os domingo e calquera outro día fóra deste horario, abriríase o despacho de billetes 10 minutos antes do inicio da sesión.
  • MULTICINES COMPOSTELA: desde as 17.00 h ata a hora de inicio do último filme. (Se hai un filme ás 17.00 h ou antes, o despacho de billetes abre media hora antes de que comece)
  • AUDITORIO DE GALICIA: desde media hora antes do inicio de cada sesión.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

Funcións: 
Luns, 7 Novembro, 2022
16:30
Salón Teatro
MULTIMEDIA

A Star is Born ≣ 1954 ≣ Trailer