SPARTA

DATOS BÁSICOS

CINEUROPA

SECCIÓN OFICIAL EUROPEA

SPARTA (2022)

Ulrich Seidl

Austria, Francia, Alemaña / 101 min / Ficción / Romanés, alemán

Ficha artística.

Georg Friedrich, Hans-Michael Rehberg, Marius Ignat, Florentina Elena Pop

Ficha técnica:

Guión: Veronika Franz, Ulrich Seidl

Fotografía: Serafin Spitzer, Wolfgang Thaler

Deseño de produción: Andreas Donhauser, Renate Martin

Produción: Philippe Bober, Ulrich Seidl

Sinopse:

Ewald mudouse no seu día a Romanía. Anos despois, e xa nos 40, intenta comezar de novo. Deixa a súa moza e marcha cara ao interior. Coa axuda de varios rapaces da zona, transforma unha vella escola en ruínas nunha fortaleza. Os nenos gozan dunha existencia nova e sen preocupacións. Mais a chama da desconfianza non tardará en prender entre os habitantes da localidade. E a Ewald non lle quedará outra opción que afrontar unha realidade que mantivo oculta moito tempo.

Sparta e Rimini conforman o díptico de Ulrich Seidl sobre a imposibilidade de fuxir do pasado e a dor de atoparse a un mesmo.

Ulrich Seidl (Viena, Austria). Un dos grandes provocadores do cinema europeo contemporáneo, o seu retrato retranqueiro das miserias dos seus compatriotas austríacos provocou ben de sarabullos. Safari (2016), Im Keller (2014),Triloxía Paraíso (2012, 2013), Import/Export (2007), Jesus, you know (2003), State of the nation (2001), Dog days (2001), Models (1998), Animal love (1995), Losses to be expected (1992), Good news (1990) son algúns dos seus filmes.

Candidata á Cuncha de Ouro no Festival de San Sebastián 2022

Duración: 
101 MIN
Entradas: 

CINEUROPA

  • 4 euros
  • Bono 10 películas: 30 euros

PARA TODAS AS PROXECCIÓNS:

  • compostelacultura.gal
  • Zona C (Praza de Cervantes): de martes a sábado, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 h. Tel.: 981 542 462
  • Teatro Principal: de 16 h ata a hora de inicio do último filme do Teatro Principal ou do Salón Teatro. (Se hai un filme ás 16.00 h ou antes, o despacho de billetes abre media hora antes de que comece). Tel.: 981 542 349

EN CADA SALA, TAMÉN PARA AS PROXECCIÓNS DE ESE ESPAZO:

  • NUMAX: de luns a sábado (excepto martes) de 10.30 a 14.00 h e de 16.00 a 20.30 h e os martes só de 16.00 a 20.30 h. Os domingo e calquera outro día fóra deste horario, abriríase o despacho de billetes 10 minutos antes do inicio da sesión.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

Funcións: 
Sábado, 12 Novembro, 2022
22:30
Teatro Principal
Luns, 14 Novembro, 2022
21:15
Salón Teatro
MULTIMEDIA

Sparta - Clip 3