APORÍA ESCÉNICA
EscenaGZ
TerritoriodasMulleres
Idade recomendada: adultos
Lingua: galego
SOGA E CINSA, tríptico renacentista para 11 bruxas en 101 minutos, aborda a Caza de bruxas en Europa nos séculos XV, XVI e XVII co obxecto de visibilizar o xenocidio que supuxo e a súa perversa conexión co desenvolvemento do sistema capitalista.
Horror, humor, reflexión, plasticidade e emoción son as apócemas principais deste conxuro teatral. Unha sucesión de paisaxes inesperadas irrompen na escena para que os corpos expresen a súa danza esquecida, nunha peregrinaxe de sombras espectrais que procura as luces da xustiza e do recoñecemento.
Autora: Diana Mera
Dirección: Diana Mera
Escenografía Montse Piñeiro
Deseño son: Francisco Gallardo
Deseño iluminación: Montse Piñeiro e Del Ruíz
Vestiario: Montse Piñeiro
Música: Francisco Gallardo
Coreografía: Aporía Escénica
Elenco artístico: Nerea Brey, Sonsoles Cordón, Diana Mera, Raquel Oitavén, Marta Pérez, Merche Pérez, Rosa Puga Davila, María Roja, María Ángeles Iglesias, Nuria Sotelo, María Tasende