SOGA E CINSA

DATOS BÁSICOS

APORÍA ESCÉNICA

EscenaGZ

TerritoriodasMulleres

Idade recomendada: adultos

Lingua: galego

SOGA E CINSA, tríptico renacentista para 11 bruxas en 101 minutos, aborda a Caza de bruxas en Europa nos séculos XV, XVI e XVII co obxecto de visibilizar o xenocidio que supuxo e a súa perversa conexión co desenvolvemento do sistema capitalista.

Horror, humor, reflexión, plasticidade e emoción son as apócemas principais deste conxuro teatral. Unha sucesión de paisaxes inesperadas irrompen na escena para que os corpos expresen a súa danza esquecida, nunha peregrinaxe de sombras espectrais que procura as luces da xustiza e do recoñecemento.

Autora: Diana Mera

Dirección: Diana Mera

Escenografía Montse Piñeiro

Deseño son: Francisco Gallardo

Deseño iluminación: Montse Piñeiro e Del Ruíz

Vestiario: Montse Piñeiro

Música: Francisco Gallardo

Coreografía: Aporía Escénica

Elenco artístico: Nerea Brey, Sonsoles Cordón, Diana Mera, Raquel Oitavén, Marta Pérez, Merche Pérez, Rosa Puga Davila, María Roja, María Ángeles Iglesias, Nuria Sotelo, María Tasende

Duración: 
95 min
Información da billeteira: 

VENDA DE ENTRADAS EN LIÑA: LUNS DA SEMANA DO EVENTO_10.00 H

12 euros

* Descontos do 50% para colectivos habituais

Despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto de martes a sábado (+ días de evento) de 18 a 21 h. Teléfono: 981 542 349

Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. Aberto só o día do espectáculo desde 1h 30 min antes do comezo do mesmo. Teléfono 981 571 026

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA PORTADA

Funcións: 
Sábado, 24 Abril, 2021
19:30
Auditorio de Galicia

UBICACIÓN

Auditorio de Galicia