'SINTEMPO' CON SARA CANO

DATOS BÁSICOS

TerritoriodasMulleres

CelebremososCorpos

Idade recomendada: todos os públicos

Duración: 60 min

SinTempo, segundo traballo de Sara Cano, é un só de danza no que a coreógrafa busca crear un espazo escénico propio no que poder desenvolver unha danza anacrónica, feita de pasados, presentes e futuros, unha danza sen tempo... simplemente persoal. SinTempo busca poder falar do paso do tempo, do pasado, o presente, o atemporal, o rápido, o lento, o estático, o que permanece e o que se vai e, en definitiva, das sensacións e reaccións que todo isto produce na creadora neste momento presente que vive o seu corpo e a súa conciencia. O traballo desta coreógrafa, situada entre o español e o contemporáneo, caracterizouse pola mestizaxe de linguaxes coreográficos en continuo proceso de procura cara a un estilo propio.

Coreografía: Sara Cano

Dirección: Sara Cano

Escenografía: Elisa Sanz

Vestiario: Elisa Sanz

Música: Héctor González

Iluminación: Gloria Montesinos

Son: Jorge Día

Intérprete: Sara Cano

WEB: saracanodanza.com

Duración: 
60 min
Información da billeteira: 

VENDA DE ENTRADAS EN LIÑA: LUNS DA SEMANA DO EVENTO_10.00 H 10 euros * Descontos do 50% para colectivos habituais Despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto de martes a sábado (+ días de evento) de 18 a 21 h. Teléfono: 981 542 349 PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

 

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA PORTADA

 

Funcións: 
Sábado, 10 Abril, 2021
20:00
Teatro Principal

UBICACIÓN

Compostela Capital Cultural