SINFONÍA ROMARÍA

DATOS BÁSICOS

BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

(Música)

David Fiuza, director

 

17 e 18 de xaneiro

10.00 e 12.00 h

Idade recomendada: 3º a 6º Primaria

19 e 20 de xaneiro

10.00 e 12.00 h

Idade recomendada: ESO e Bacharelato

 

Duración: 50 min

Lingua: galego

A música é o elemento central de confluencia entre dualidades como o folclore galego e o sinfonismo, ou a danza e o canto; a través da sonoridade da banda, preséntase un proxecto pedagóxico absolutamente práctico, cunha proposta de actividades na aula atractivas para o alumnado e contextualizadas no entorno e patrimonio cultural que nos rodea.

A Sinfonía Romaría contén unha escolma de 10 músicas moi coñecidas da cultura galega (“A saia da Carolina”, “O sancristán de Coimbra”, “Ven bailar Carmiña”, “Alalá das Mariñas”, “Os teus Ollos”, “O galopín”, “O rodaballo”, “Muiñeira de Chantada” e “Himno galego”), conxugando a canción do noso folclore con danza e poesía galega, e tratando de darlle unha nova vida actualizada ao enriquecedor patrimonio musical galego.

O proxecto da Sinfonía Romaría combina contidos didácticos do ámbito sinfónico da banda (formas e estruturas, organoloxía e instrumentación, narrativa e discurso musical) cos do espectro folclórico (canción, danza, instrumentos tradicionais galegos), e tamén viaxa horizontalmente polos ámbitos da literatura, da xeografía ou da historia.

 

Duración: 
50 min
Entradas: 

Gratuíto, previa reserva a través do formulario que enviaremos aos centros de ensino en setembro.

Funcións: 
Martes, 17 Xaneiro, 2023
10:00
Auditorio de Galicia
Martes, 17 Xaneiro, 2023
12:00
Auditorio de Galicia
Mércores, 18 Xaneiro, 2023
10:00
Auditorio de Galicia
Mércores, 18 Xaneiro, 2023
12:00
Auditorio de Galicia
Xoves, 19 Xaneiro, 2023
10:00
Auditorio de Galicia
Xoves, 19 Xaneiro, 2023
12:00
Auditorio de Galicia
Venres, 20 Xaneiro, 2023
10:00
Auditorio de Galicia
Venres, 20 Xaneiro, 2023
12:00
Auditorio de Galicia