SIGNOS ENCADENADOS

Teatro Principal
DATOS BÁSICOS

Ramón arrastra a Laura, a súa nova vítima, até un soto. Ramón coqueteará coa vida e a morte, propondo a Laura un infantil xogo: "Signos encadeados". Un xogo que nos traslada a unha paisaxe sádica e, á vez, cómica, onde a fráxil liña entre a vida e a morte, as relacións de parella, a perversión e os malos tratos serán unha constante. Atoparémonos con sentimentos extremos, contraditorios, dúbidas, perigos, enredos... inmersos nun xogo no que non imaxinarás quen é a presa e quen o cazador.

Esta obra chega á cidade da man da Compañía Teatral de Xordos 'El Grito'

Esta Compañía Teatral, fundada en 1996, xorde principalmente por mor da experiencia da montaxe e estrea levados a cabo no Auditorio do Instituto de Formación Profesional (IFE) da obra "A Vinganza de Don Mendo", en xullo de 1996, que contou co patrocinio da Cámara de Comercio e Industria de Madrid e a Asociación de Pais e Amigos do Xordo (ASPAS). Naquela ocasión, un grupo de novos actores xordos, motivados e coordinados pola profesora Esther Colebrook, deciden descubrir a súa valía para a arte teatral demostrando que o teatro é un campo para o cal teñen aptitudes xa que até o momento negáraselles ao subestimar o seu talento artístico.

Esa foi a semente que marcaría o nacemento da compañía de teatro "El Grito" dous anos máis tarde. Algúns actores deste grupo, motivados e decididos, emprenderon a aventura de descubrir, por si mesmos, a súa valía para a arte teatral e demostrar que o teatro é  campo para o cal teñen especial actitude e sensibilidade.

Tras estes dous anos de funcionamento, e sempre coa ilusión e meta de que aquilo non quedase no proxecto dun curso, créase A Compañía de teatro de Persoas Xordas "El Grito", co obxectivo principal de achegar e facer accesible a literatura ás persoas xordas a través da Lingua de Signos.

Isto non só fai que as persoas xordas gocen do teatro na súa propia lingua, senón que ademais, serve como vehículo para coñecer a literatura.

Desde entón "El grito" representou as súas obras por distintos lugares de toda España e do mundo, facendo non só teatro, senón tamén contos, monólogos, curtametraxes, performances, charlas, formación e innumerables expresións artísticas diferentes.

Hoxe en día continúan esforzándose por cumprir o seu soño e levar a Lingua de Signos e a arte escénica a todos os lugares para que as persoas xordas ou oíntes poidan gozar unha maneira diferente de facer teatro noutro idioma.

 

Duración: 
90
Entradas: 

Despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto de martes a sábado (+ días de evento) de 18.00 a 21.00h.
Os días que hai evento no Teatro, a venta anticipada remata ás 20.00h e a partir desa hora só se venden entradas para o espectáculo dese día.

Teléfono: 981 542 349

compostelacultura.gal

Funcións: 
Sábado, 27 Outubro, 2018
20:30
Teatro Principal