SIGNOS CON ANTONIO RUZ E ISABEL VILLANUEVA DENTRO DAS XMC

DATOS BÁSICOS

[DANZA A ESCENA. La Red de Teatros, Auditorios, Circuitos y Festivales. INAEM. Ministerio de Cultura y Deporte]

PROGRAMA

György Kurtág (1926): Signs, Games and Messages para viola so

Johann Sebastian Bach (1685-1750): Partita núm. 2 BWV 1004 para violín solo (versión para viola)

 

Dirección musical e interpretación: Isabel Villanueva

Dirección escénica, coreografía e interpretación: Antonio Ruz

Deseño de Iluminación: Olga García – AAI

Vestiario e escenografía: Compañía Antonio Ruz,

Acompañamento artístico: Julián Lázaro

Produción: Paola Villegas, Gabriel Blanco – Spectare

Distribución: Valeria Cosi – Tina Agency

Comunicación e prensa: Marta Baeza – La Locomotora

Fotografía: Agustín Hurtado

Vídeo: BuenaSombraFilms

Fotografía e vídeo making of: La Famosa Productora

Co apoio do C.C Sanchinarro, Madrid. Coa axuda do Centro de Cultura Contemporánea Conde Duque

 

“Ela toca sentada, camiña, sobe á mesa, baila, tómbase, durme, frota, corre, berra, mírase ao espello, íspese, acende a luz, pecha os ollos, sorrí...”

A orixe deste proxecto nace do desexo da violista Isabel Villanueva e o coreógrafo Antonio Ruz por colaborar nunha obra escénica multidisciplinar que abra unha nova xanela á música clásica e á danza contemporánea. Cun concepto estético e un deseño de iluminación depurados, a bela e complexa arquitectura sonora das pezas/miniaturas musicais de György Kurtág e Johann Sebastian Bach interpretadas por Isabel, fundiranse coa partitura corporal proposta por Antonio; unha dramaturxia que navega entre o onírico, o poético e o inquietante.

Isabel Villanueva

A prestixiosa revista The Strad cualifícaa como “unha artista que arrisca” e Pizzicato Magazine descríbea como “unha artista sensible que sabe mergullarse no máis fondo da música”, Villanueva defende a música con paixón dando a coñecer o seu instrumento con voz propia unido ás súas carismáticas interpretacións, de gran expresividade e beleza sonora, que conectan inmediatamente co público. Isabel Villanueva desenvolve unha intensa carreira que a levou a tocar con importantes orquestras de Latinoamérica, Rusia, Oriente Medio, China e Europa. En 2013 converteuse na primeira intérprete de viola internacional en ofrecer recitais en Irán. Intensa, vital e imaxinativa, realiza unha desbordante actividade como concertista, pedagoga, investigadora, estreando obras contemporáneas, realizando proxectos de música de cámara con prestixiosos colegas e, poñendo en marcha o seu propio festival Pamplona Reclassics. Os importantes premios recibidos avalan a súa fulgurante traxectoria e a súa desbordante enerxía e talento, Premio El Ojo Crítico de la Música Clásica de RNE 2015 e Premio Cultura de Música Clásica 2019 que outorga a Comunidade de Madrid, entre outros, Villanueva é unha das violistas máis valoradas e completas da actualidade. Como solista actuou con prestixiosas orquestras incluíndo os Solistas de Moscú, Orquestra Sinfónica Nacional de Estonia, Orquesta Sinfónica RTVE, Real Filharmonía de Galicia, Orquesta Sinfónica de Castilla y León, Orquesta Filarmónica de Jalisco, Orquestra Sinfónica Estatal Novaya Rossiya, Solistas de Zagreb, Orquestra Filharmónica de Líbano, Orquestra Sinfónica Estatal de Estambul, entre moitas outras, baixo a batuta de Michel Plasson, Jacek Kaspszyk, Yaron Traub, Paul Daniel, Andres Mustonen, Christian Vásquez e Lior Shambadal. Presentouse en importantes salas e festivais incluíndo a Sala Grande da Filharmónica de San Petersburgo, Xinghai Concert Hall en Guangzhou, Bath Music Festival, Slovenian Philharmonic Hall, Auditorio Nacional de Música de Madrid, Palau de la Música Catalana, Palau de Valencia, Festival Lavaux Classique, Royal Court Theatre de Copenhagen, Sociedad Filarmónica de Lima, Auditorio León de Greiff de Bogotá, Estonia Concert Hall, Assembly Hall de Beirut, Rottweil Musikfestival, Wigmore Hall de Londres e Roudaki Hall en Teherán. O seu primeiro álbum Bohèmes recibe moi boas críticas de medios nacionais e internacionais (Pizzicato Magazine, The Strad, Scherzo Excepcional, Melómano de Oro, Top 10 da revista Ritmo...) e consolídase recibindo o premio ao mellor álbum de Música Clásica do ano nos Premios MIN de la Música Independiente 2018, sendo a primeira vez que un álbum de viola recibe este galardón.

Isabel Villanueva toca cunha viola Enrico Catenar (Turin 1670).

Antonio Ruz

Coreógrafo e bailarín independente, Antonio Ruz é na actualidade, e desde hai anos, un dos creadores máis destacados da danza no país. O seu discurso, que desenvolve á fronte da súa propia compañía fundada en 2010, ou con interesantes colaboracións para reputadas agrupacións nacionais e internacionais, susténtase nun acentuado interese polo carácter máis aberto da danza. Naceu en Córdoba en 1976 e na súa cidade natal formouse en flamenco, danza española e ballet clásico. Inicia a súa carreira profesional no Ballet Víctor Ullate e en 2001 ingresa no Ballet del Gran Teatro de Xenebra. Un ano máis tarde ingresa no Ballet da Ópera de Lyon e en 2006 regresa a España para formar parte da Compañía Nacional de Danza (Nacho Duato). As súas dúas primeiras coreografías, 1Calvario e Cebolla/Oignon, presentáronse nas Noites de Novos Coreógrafos do Ballet de Xenebra. Nese mesmo período crea e interpreta xunto a Bruno Cezario, Heidi, estreada en Río de Xaneiro (Brasil) e o solo Pilampo, estreado e interpretado por Sora Lee na Gala of the Stars Korea Dancers 05. As colaboracións, con outros artistas e incluso con outras disciplinas, son unha constante no discurso deste coreógrafo. Nesta liña, desde 2007 e ata a actualidade, colabora coa Sasha Waltz & Guests (Berlín), participando como bailarín, coreógrafo e repetidor en varias creacións e producións así como en diversos traballos de Juan Kruz Diaz de Garaio Esnaola co que ademais concibe Vaivén (2014). Tamén desde 2007, comeza unha prolífica colaboración coa compañía de danza española Estévez-Paños & Compañía cos que crea a peza Danza 220V (2010). Ruz participou como coreógrafo en pezas teatrais dirixidas por Andrés Lima e Miguel del Arco. En 2010 crea Madrid a súa propia compañía de danza coa que continua desenvolvendo o seu discurso de corte e resultado ecléctico e a súa particular relación coa música, a miúdo en directo, identidade do discurso de obras como Ignoto (2011), Libera Me! (2012), À L’espagnole, fantasía escénica (2015), Recreo.02 (2015), Beautiful Beach (2015) ou Double Bach (2016). No Drama (2010), Ojo (2012) ou Presente (2018) son outros dos seus traballos. Ruz é creador do espectáculo Electra (2017) para o Ballet Nacional de España. Invitado polo Festival de Zúric, crea as pezas multidisciplinares Chagall Konzerte (2018) na Igrexa de Fraumünster coa colaboración especial de Meret Meyer, neta do pintor. Dirixe o proxecto pedagóxico L’OBC balla Ravel (2019) para L’Auditori de Barcelona. Coreógrafo da zarzuela El Barberillo de Lavapiés (2019) con dirección de Alfredo Sanzol. Recibe o encargo do Museo de la Universidad de Navarra para dirixir o proxecto creativo Transmutación (2019). Entre as mencións e galardóns que debuxan a súa traxectoria, figuran o Premio Nacional de Danza 2018 na Categoría de Creación e o Premio Ojo Crítico de Danza 2013, de RTVE. Ruz é membro da Academia de las Artes Escénicas de España.

 

Entradas: 
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Teatro Principal. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 542 349
  • Descontos do 50% para persoas desempregadas, perceptoras de rendas sociais, xubiladas, maiores de 65 anos, estudantes, menores de 25 anos e membros de familias monoparentais ou numerosas.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA PORTADA

Funcións: 
Venres, 10 Xuño, 2022
20:30
Teatro Principal