SIGNOS CON ANTONIO RUZ E ISABEL VILLANUEVA

DATOS BÁSICOS

“Ela toca sentada, camiña, sobe á mesa, baila, tómbase, durme, frota, corre, berra, mírase ao espello, íspese, acende a luz, pecha os ollos, sorrí...”

A orixe deste proxecto nace do desexo da violista Isabel Villanueva e o coreógrafo Antonio Ruz por colaborar nunha obra escénica multidisciplinar que abra unha nova xanela á música clásica e a danza contemporánea.

Este encontro de linguaxes propón, sen prexuízos, un diálogo entre o son, o movemento, a voz, os obxectos e a luz (ou a ausencia dela).

Un concerto dramatizado? Un recital de viola coreografiado?

Cun concepto estético e un deseño de iluminación depurados, a bela e complexa arquitectura sonora das pezas/miniaturas musicais dos compositores György Kurtág e Johann Sebastian Bach interpretadas maxistralmente por Isabel, fundirase coa partitura corporal proposta por Antonio; unha dramaturxia que navega entre o onírico, o poético e o inquietante. Nesta atmosfera de soidade acompañada, Isabel e a súa viola, custodiadas por Antonio (o seu alter ego, sombra, consciencia), emprenderán unha viaxe física e emocional que non deixará a ninguén indiferente.

 

PROGRAMA MUSICAL
György Kurtág (1926)

‘Signs, Games and Messages’ para viola solo

Johann Sebastian Bach (1685-1750)

Partita No. 2 BWV 1004 para violín solo (versión para viola)

 

Dirección musical e interpretación en directo (viola): Isabel Villanueva 

Dirección escénica, coreografía e interpretación: Antonio Ruz 

Deseño de Iluminación: Olga García – AAI 

Vestiario e escenografía: Compañía Antonio Ruz 

Acompañamento artístico: Julián Lázaro 

Produción: Paola Villegas, Gabriel Blanco – Spectare 

Distribución: Valeria Cosi – Tina Agency 

Comunicación e prensa: Marta Baeza – La Locomotora 

Fotografía promocional: Agustín Hurtado 

Vídeo promocional: BuenaSombraFilms 

Fotografía e vídeo making of: La Famosa Productora

Co apoio do C.C Sanchinarro, Madrid. Coa axuda do Centro de Cultura Contemporánea Conde Duque

Estrea absoluta o 20 de febreiro de 2021, Teatro Central de Sevilla

Entradas: 
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Teatro Principal. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 542 349
  • Descontos do 50% para persoas desempregadas, perceptoras de rendas sociais, xubiladas, maiores de 65 anos, estudantes, menores de 25 anos e membros de familias monoparentais ou numerosas.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA PORTADA

Funcións: 
Venres, 10 Xuño, 2022
20:30
Teatro Principal