SI ESTO ES UN HOMBRE

DATOS BÁSICOS

CÁMARA NEGRA

EscenaGZ

DerivasePeregrinaxes

Idade recomendada: adultos

Lingua: castelán

En 1944, Primo Levi foi deportado a Auschwitz. Tiña 24 anos. Durante a súa estancia no campo, empezou a escribir ‘Se isto é un home’, o relato dos dez meses que estivo preso.

En 2020 (75 anos despois da liberación de Auschwitz), un actor entra nun escenario e enfróntase ao reto de revivir a experiencia de Levi, para intentar así comprender (se é que é posible) que foi Auschwitz e que supón para nós, espectadores do Século XXI, que existise ese lugar en plena Europa de mediados do século pasado.

Unha viaxe cara ao lado máis escuro do ser humano e do noso mundo contemporáneo.

Autor: Primo Levi

Dirección e adaptación: Carlos Alvarez-Ossorio

Escenografía, deseño de son, vestiario e música: Cámara Negra

Deseño iluminación: Violeta Martínez

Dramaturgo e asesor de actuación: Juan José Villanueva

Asesor de alemán e do corpo: Alfonso Hierro-Delgado

Intérprete: Carlos Alvarez-Ossorio

Web da compañía: Cámara Negra

Duración: 
85 min
Información da billeteira: 

VENDA DE ENTRADAS EN LIÑA: LUNS DA SEMANA DO EVENTO_10.00 H

12 euros

* Descontos do 50% para colectivos habituais

Despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto de martes a sábado (+ días de evento) de 18 a 21 h. Teléfono: 981 542 349

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA PORTADA

Funcións: 
Sábado, 29 Maio, 2021
20:30
Teatro Principal

UBICACIÓN

Compostela Capital Cultural