CHECK-IN PRODUCCIONES
Inspirada en ‘A doutrina do shock’ de Naomi Klein. Como resultado da investigación teatral sobre un feito histórico, o do golpe de estado do General Pinochet sobre o goberno de Salvador Allende, nace Shock 1 El Cóndor y el Puma. Un teatro-documental onde se representa a historia, pero para coñecela desde a emoción.
Representar a nosa historia é a vontade de nos coñecer. A nosa sociedade de hoxe é o resultado do que construímos ou destruímos onte. O capitalismo imperante de hoxe calla durante moito tempo pero ten un impulso fundamental tras o fin da segunda guerra mundial, en parte grazas, ou a pesar, da Doutrina do Shock. E o golpe de Chile é o seu primeiro experimento.
O espectáculo foi galardoado cos Premios Max á Mellor Dirección de Escena e ao Mellor Deseño de Espazo Escénico.
Texto: Andrés Lima, Albert Boronat, Juan Cavestany e Juan Mayorga
Dramaturxia: Andrés Lima, Albert Boronat (Inspirada en ‘A doutrina do Shock’ de Naomi Klein)
Dirección: Andrés Lima
Reparto: Antonio Durán ‘Morris’, Natalia Hernández, Esteban Meloni, María Morales, Paco Ochoa, Guillermo Toledo, Juan Vinuesa
Escenografía e vestiario: Beatriz San Juan
Iluminación: Pedro Yagüe
Música e espazo sonoro: Jaume Manresa
Vídeocreación: Miquel Raió
Caracterización: Cécile Kretschmar
Produción: Checkin prod. Joseba Gil
Idade recomendada: > 18
Duración de 150 min incluídos 15 minutos de intermedio
Lingua: castelán
© imaxe: Laura Ortega