SEMANA DO PATRIMONIO INVISIBLE 2021

DATOS BÁSICOS

Compostela garda nas súas rúas, prazas e edificios un legado histórico e artístico como poucas cidades no mundo poden presumir. Porén non toda esta herdanza monumental de séculos pode ser visitada durante o ano. A Semana do Patrimonio Invisible é un ciclo programado pola Área de Cultura do Concello de Compostela que abre as portas de tesouros, habitualmente fechadas, e deseña unhas visitas guiadas de pequenos grupos para que os seus usuarios garden na memoria unha experiencia cultural única.

Nesta cuarta edición visitaremos unha decena de espazos, dos que seis son novidades absolutas. Serán espazos descoñecidos de edificios como o Seminario Menor, a Facultade de Xeografía e Historia, o Pazo de Vaamonde, a Tribuna da Catedral, a igrexa e o cemiterio da Orde Terceira e a Zona C, o antigo Concello compostelán situado na praza de Cervantes.

A Semana do Patrimonio invisible vai contar este ano cun total de 50 visitas guiadas, nas que se suman aos espazos mencionados, lugares que colleitaron especial éxito noutras edicións ou dos se que se descubriron singularidades que os fan merecedores de volver estar no programa. É o caso do Colexio de Fonseca, o Hostal dos Reis Católicos, a Fundación Laboral de la Construcción ou os mananciais composteláns.

- FOLLETO DA SPI COS HORARIOS DE TODAS VISITAS

- WEB DA SPI

Entradas: 

RESERVA DE PRAZA: O venres 10 de setembro, a partir das 17 horas, cubrindo o formulario na web patrimonioinvisible.gal

Para garantir o acceso ao maior número de persoas, cada solicitante poderá reservar un máximo de unha visita para dúas persoas.

Funcións: 
Luns, 13 Setembro, 2021 a Venres, 17 Setembro, 2021
Varios lugares