SEMANA DO PATRIMONIO INVISIBLE

DATOS BÁSICOS

A terceira edición da Semana do Patrimonio Invisible celébrase este ano entre os días 14 e 18 de setembro cun ciclo de visitas guiadas a edificios e espazos que normalmente están fechados ao público.  

Trátase do Pazo de Ramirás- Colexio dos Irlandeses, o Hostal dos Reis Católicos, o Hospital de San Roque, a Casa Gótica, o Pazo de Amarante, a Capela das Ánimas, o Colexio de Fonseca a Fundación Laboral da Construción, o edificio da Sede SGAE e unha visita especial aos mananciais medievais de Compostela.

Todas as visitas teñen prazas limitadas a un máximo de 8 persoas, variando o seu número en función do espazo e das restricións en relación a situación sanitaria, para coidar unha experiencia dos usuarios e manter tanto a calidade narrativa do discurso coma a protección dos bens que se visitan.

As visitas son de balde pero é obrigatorio reservar praza a partir do mércores 9 de setembro na páxina web oficial do proxecto, https://patrimonioinvisible.gal/reserva-a-tua-praza.
Cada usuario pode reservar soamente para dúas persoas e tres visitas como máximo.

 

Entradas: 

Actividades gratuítas. Pódese reservar praza a partir do mércores 9 de setembro na páxina web https://patrimonioinvisible.gal/reserva-a-tua-praza.
Cada usuario pode reservar soamente para dúas persoas e tres visitas como máximo.

 

Funcións: 
Luns, 14 Setembro, 2020 a Venres, 18 Setembro, 2020
Varios lugares