SEDMIKRÁSKY / AS MARGARIDAS

DATOS BÁSICOS

Dirección: Vera Chytilová

República Checa / 1966 / Longametraxe / Ficción / Checo

Ficha artística

Jitka Cerhová, Ivana Karbanová, Marie Cesková, Julius Albert, Jan Klusák.

Ficha técnica

Guión: Vera Chytilová, Ester Krumbachová (Historia: Vera Chytilová, Pavel Jurácek).
Fotografía: Jaroslav Lucera.
Música: Jirí Slitr, Jirí Sust.
Produción:.

Sinopse

Dúas mozas conclúen, mentres toman o sol, que «se neste mundo todo está corrompido, corromperémonos nós tamén». Así comeza unha sucesión de escenas inconexas nas que as dúas protagonistas xogan a seren perversas coa súa contorna. Enganan a homes maduros para comer gratuitamente, boicotean eventos musicais, engolen os manxares dun banquete preparado para outros... Vera Chytilová introdúcenos no singular mundo destas mozas rompendo a linealidade narrativa e empregando a técnica colaxe tanto a nivel visual como auditivo.

Duración: 
76 minutos
Entradas: 

Entrada libre ata completar aforo

Funcións: 
Martes, 27 Novembro, 2018
20:15
Sala Agustín Magán