CINEUROPA I DOCS CINEUROPA
Pia Hellenthal
Alemaña / 90 min. / Documental / Alemán, inglés, italiano
Ficha técnica:
Guión: Pia Hellenthal, Giorgia Malatrasi
Música: Falk Möller, Marcus Zilz
Fotografía: Janis Mazuch
Sinopse:
Eva pensou na privacidade como algo anticuado dende os 14 anos. Aos 17 deixou o seu fogar nunha pequena vila italiana e os problemas con seus pais e marchou na procura da liberdade. Vive en Berlín, e para as persoas que a seguen en Tumblr e Instagram, a súa vida pouco convencional e as fotos e textos que publica sobre ela son como un filme inspirador. Vive toda a súa vida en público e na rede, constantemente comentada polas persoas que a seguen.
2019: sección Panorama do Festival Internacional de Cinema de Berlín