SEÑORA DE ROJO SOBRE FONDO GRIS

DATOS BÁSICOS

SABRE PRODUCCIONES

PENTACIÓN ESPECTÁCULOS

TALYCUAL E AGM

EscenaGZ

Idades recomendadas: máis de 14 anos 

Lingua: castelán

Comisiones Artísticas de la Red

 

Un pintor, con moitos anos no oficio, leva tempo sumido nunha crise creativa. Desde que faleceu de forma imprevista a súa muller, que era todo para el, practicamente non puido volver pintar. Estamos no verán e outono de 1975. A filla maior de ambos está no cárcere polas súas actividades políticas, e é nesa datas cando xorden os primeiros síntomas da enfermidade de súa nai que a filla vivirá desde dentro da prisión. É outro recordo permanente na vida de seu pai, que tamén agora revive.

Esta obra teatral é o relato dunha historia de amor en camiño desenfreado cara á morte, que nos sitúa naquela España con trazos inequívocos, que nos fala da felicidade e da súa perda, e que chega á intimidade de cada ser humano, e á súa emoción, polo camiño recto e simple da verdade.

Autor: Miguel Delibes

Dirección e produción: José Sámano

Adaptación: José Sámano, José Sacristán e Inés Camiña

Intérprete: José Sacristán

Director técnico: Manuel Fuster

Técnico de iluminación e son: Manuel Fuster e Jesús Díaz Cortés

Xerente compañía, xastra: Nerea Berdonces

Maquinista, rexedor: Juan José Andreu

Axudante de produción: Pilar López “Pipi”

Secretaria de produción: Pilar Velasco

Coordinadora de produción: Cristina Lobeto

Administración: Eli Zapata

Voz de Ana: Mercedes Sampietro

Autor cadro: Eduardo García Benito

Axudante de dirección: Inés Camiña

Son: Mariano García

Deseño de vestiario: Almudena Rodríguez Huerta

Deseño de escenografía: Arturo Martín Burgos

Deseño de iluminación: Manuel Fuster Directora de produción: Nur Levi

Duración: 
85 min
Información da billeteira: 

14 € (descontos habituais do 50 %)

 

Despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto de martes a sábado (+ días de evento) de 18.00 a 21.00h. Os días que hai evento no Teatro, a venta anticipada remata ás 20.00h e só se venden entradas para o espectáculo dese día. Teléfono: 981 542 349

 

Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. Aberto só os días de espectáculo desde 1h 30 min antes do comezo do mesmo. Teléfono 981 571 026

Funcións: 
Venres, 6 Marzo, 2020
20:30
Auditorio de Galicia

UBICACIÓN

Auditorio de Galicia